Os rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO crean as súas propias figuras para o belén do colexio. Organizados en grupos de traballo cooperativo, deseñan e fan as figuras máis representativas do belén nas das materias de Educación Plástica e Tecnoloxía.
O 6 de novembro abrimos as portas da horta do colexio para disfrutar dunha tarde de outono .Todos os cursos dende EI ata a ESO pasamos unha tarde de convivencia e xogos tradicionais para celebrar o día do magosto.
Puxemos en pr áctica o valor do «Servizo», xa que os alumn@s da ESO foron os encargados de dirixir aos máis pequenos na organización dos xogos e na planificacion da merenda , así como na elaboracion das castañas.A tradición tamén estivo presente coa «castaña da sorte» que foi repartida dende 4º de EP ata 4º ESO, cunhas mensaxes que nos axudaban a reflexionar sobre os valores da vida e da tradición.
Ola!
O grupo de 3 anos querémonos presentar. Comezamos este curso no Colexio A Milagrosa , onde estamos a vivir novas e bonitas experiencias coas nosas profes e os nosos novos amigos e compañeiros. Estas son algunhas fotos de distintos e felices momentos da nosa vida escolar neste Colexio Vicenciano que nos axudará a camiñar polo camiño apropiado.
A programación das reunións das familias coas titoras na vindeira semana é a seguinte:
LUNS 16 OUTUBRO: 1º, 2º, 3º E 4º PRIMARIA HORA: 18:00
MARTES 17 OUTUBRO: INFANTIL HORA: 18:30
5º e 6º PRIMARIA HORA: 18:00
MÉRCORES 18 OUTUBRO: ESO HORA: 18:00
O pasado mércores, 27 de setembro, todo o noso colexio estivo de festa.
Era un día moi especial para todos nós xa que celebramos o día de San Vicente de Paúl, fundador das Fillas da Caridade e gran amigo noso.
Toda a Educación Infantil e Primaria realizou unha celebración na capela do colexio e a Educación Secundaria unha Eucaristía de principio de curso, tendo moi presente nas nosas peticións o 400 aniversario do carisma vicenciano.
Finalmente unímonos todos creando un gran puzzle con frases do noso fundador.
E continuando as pegadas de San Vicente de Paúl, ao longo desta semana levamos a cabo diferentes talleres, onde contamos coa colaboración dos nenos e nenas de Secundaria guiando aos máis pequenos na elaboración dos mesmos.
Informamos que o vindeiro 13 de outubro e o 7 de decembro (día do ensino), non serán lectivos.
A continuación pode consultar a listaxe definitiva da ESO ( correspondente ao fondo de libros), no apartado de AYUDAS LIBROS.
A continuación pode consultar a listaxe provisional da ESO ( correspondente ao fondo de libros), no apartado de AYUDAS LIBROS.