FASE COMARCAL CROSS

Os alumnos e alumnas do noso colexio participaron no Cross celebrado na Fieiteira, nunha xornada chea de deporte, compañeirismo e diversión.
Vivimos un ambiente moi agradable, con carreiras, ánimos, bailes e moitos sorrisos.
Unha oportunidade para gozar da actividade física e compartir momentos con alumnado doutros centros.
Noraboa a todos os corredores e corredoras polo seu esforzo, entusiasmo e participación!

VISITA SANTIAGO DE COMPOSTELA

O alumnado de ESO desfrutou dunha  xornada cultural en Santiago de Compostela. Durante a mañá realizou a visita ás cubertas da Catedral , unha experiencia única que lles permitiu contemplar de preto a maxestuosidade do templo e desfrutar dunhas impresionantes vistas da cidade.  

Posteriormente, o grupo visitou a Cidade da Cultura , onde participou nunha actividade centrada na arquitectura do complexo diseñado por Peter Eisenman. A través da visita guiada, o alumnado descubriu as características máis destacadas deste singular espazo, reflexionando sobre a relación entre arquitectura, paisaxe e cultura contemporánea. 

A xornada resultou moi interesante e educativa fóra da aula.

SENDEIRISMO POLA SERRA DO BARBANZA

O pasado 6 de novembro o alumnado e profesorado da ESO disfrutaron dunha marabillosa xornada pola Serra do Barbanza. Foi unha actividade de sendeirismo de natureza na que se visitaron as mámoas presentes no roteiro programado. Nelas, os estudantes realizaron as actividades relacionadas co megalitismo da zona.

Finalmente comemos tranquilamente nunha chaira disfrutando da contorna e acompañados nalgúns intres polos cabalos e vacas da zona.

SAMAÍN 2026

O salón de actos do cole converteuse nun recuncho onde habitaba o terror. Cada quen deu ronda solta á imaxinación coa creación de microrrelatos de medo, decoración das cabazas, recopilación das diferentes manifestacións desta tradición que herdamos dos celtas.Non podían faltar as arañas e esqueletos que ían cobrando vida para o desfrute de todos.
Os máis pequenos desfrutaron de xogos e cancións para celebrar Halloween na clase de inglés na compaña dunha bruxa especial.

SAN VICENTE

Como cada ano o 27 de setembro o noso cole está de festa para conmemorar ao fundador das Fillas da Caridade.
As tres etapas visitamos a capela para as celebracións, que este ano estiveron dirixidas por José Ramòn Amor.
A escoita e o acollemento estiveron presentes para seguir as pegadas de San Vicente.
A xornada rematou cunha gran chocolatada con churros.

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.