SAMAÍN 2026

O salón de actos do cole converteuse nun recuncho onde habitaba o terror. Cada quen deu ronda solta á imaxinación coa creación de microrrelatos de medo, decoración das cabazas, recopilación das diferentes manifestacións desta tradición que herdamos dos celtas.Non podían faltar as arañas e esqueletos que ían cobrando vida para o desfrute de todos.
Os máis pequenos desfrutaron de xogos e cancións para celebrar Halloween na clase de inglés na compaña dunha bruxa especial.

SAN VICENTE

Como cada ano o 27 de setembro o noso cole está de festa para conmemorar ao fundador das Fillas da Caridade.
As tres etapas visitamos a capela para as celebracións, que este ano estiveron dirixidas por José Ramòn Amor.
A escoita e o acollemento estiveron presentes para seguir as pegadas de San Vicente.
A xornada rematou cunha gran chocolatada con churros.

BENVIDA AO CURSO 2026-27

Os primeiros días de cole supoñen o reencontro cos compañeiros e novas amizades cos alumn@s que empezan a formar parte da nosa gran familia.
Este ano temos como obxectivo traballar a escoita con respecto e tolerancia.
Un variado número de actividades serviron para concienciar ao alumnado da importancia de facer unha escoita activa dialogando e sempre cos brazos abertos para unha boa acollida.

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.