Maio, mes de María

IMG_6077

O pasado venres, último día de maio, tivemos a celebración de peche de maio, como mes adicado a María. Xuntámonos todos os cursos de educación primaria para renderlle unha  bonita homenaxe como nai, mestra e amiga nosa.

IMG_6073IMG_6070

Luís Seoane

Neste terceiro trimestre os alumnos de 6º de EP asistiron a unha exposición do pintor onde aprenderon  diferentes aspectos da súa vida e obra.
Na clase de plástica traballaron  a técnica do “collage” nos grupos de cooperativo.

FullSizeRender

HORARIO XUÑO

O vindeiro luns 3 de xuño, comezará a xornada única de mañán, polo tanto a hora de entrada será ás 9:00 e a de saída ás 13:50 ( os que solicitaron servizo de comedor sairán na hora acordada). Os usuarios de transporte escolar deberán estar nas paradas 30 min antes do habitual.

Excursión Educación Infantil

 O xoves 23 de maio os rapaces de 5º e 6º de Infantil fomos de visita ao acuario do Grove.

751b5a1d-6e23-4789-a7b1-116014c0dae4

Alí disfrutamos vendo as distintas especies acuáticas e incluso puidemos tocar algúns coma o ourizo e a estrela de mar, e como curiosidade puidemos ver como un mergullador alimentaba e xogaba cos peixes coma se foran mascotas o que nos gustou moito e emocionou. Os nenos tamén participaron nun obradoiro de pesca que lles resultou moi entretido e educativo.

ef200a75-1d50-4272-8575-b4c997cb148c7c04b391-b3f1-4af7-b4fd-3273c8a62e80

Como remate da excursión subimos ao tren turístico do Grove que nos levou a visitar a Illa da Toxa e disfrutar da súa bonita paisaxe.

c54a3f37-a7af-45f8-9d9a-12f8d9edc4d60babbc66-24ad-4a9c-ab26-4f1e3c5186c3218260ab-f27c-4d71-a4d5-2c6a90f501bc

Actividades culturais 6º EP

Os alumn@s de 6º EP asistiron ao espectáculo  “Canta miña pedra canta”, no marco das actividades programadas polo concello , para conmemorar o Día das Letras Galegas.

IMG_8940IMG_8939

 

 

Os alumnos participaron no concurso literario con obras de poesía, narrativa e banda deseñada.

IMG_8992
Lidia Brión foi a gañadora no xénero de banda deseñada.

Parabéns!

Letras Galegas 2019

O 16 de maio celebramos o día das letras galegas, dedicado esta ano a Antón Fraguas. Foi unha representación “moi nosa”, onde a cultura galega se fixo patente tanto na actuación dos alumnos como nos materiais e proxectos elaborados por eles e ensinados ao longo da obra. Queredes ver como vivimos nós ese día?

Pois para poder velo non tedes máis que pinchar na seguinte ligazón:

Excursión 1º e 2º de ESO

O alumnado de 1º e 2º da ESO realizou unha viaxe a León os días 9 e 10 de maio, onde puideron desfrutar de visitas culturais como as Covas de Valporquero, Catedral de León, Museo da Radio de Luis del Olmo, Museo do Ferrocarril, percorrido polo parque natural das Médulas…
collage
No seguinte enlace podedes ver un exemplo do realizado nesta viaxe.
https://youtu.be/wfJUMsV9Zc0

Deporte intercentros

Hoxe, 22 de maio, o noso alumnado tivo a terceira e derradeira xornada de deporte escolar no polideportivo municipal de Palmeira, onde desfrutaron de diferentes deportes xuntos cos compañeiros e compañeiras do colexio de Palmeira. Un día máis, todos o pasaron en grande compartindo unha xornada de actividade física, que serviu tamén para coñecer a nenos e nenas doutro colexio, así como promover valores do deporte como respecto, igualdade e compañeirismo.

IMG_2935IMG_2928