PRESENTACIÓN

A Pastoral no noso centro ocupa unha das nosas prioridades, estamos convencidos de que a educación integral dos nosos alumnos non sería posible sen a dimensión espiritual, cristiá da persoa, por iso adicamos non só moito tempo, senón que intentamos ser o máis creativos posible e facendo partícipes a tódolos profesores do centro.

Como Centro educativo relixiosos, os valores evanxélicos e o Carisma Vicenciano son o eixe transversal que identifica ó noso servicio e traballo. Tendo en conta isto intentamos:

  • Favorecela formación nos valores cristiáns e vicencianos dos nosos alumnos, acompañándoos e animándoos no seu proceso de fe e crecemento espiritual
  • Planificar e estruturar a acción pastoral e dimensión evanxelizadora do centro, espertando no alumnado o sentido e valor de pertencer a unha comunidade educativa cristiá vicenciana
  • Conseguir que o Plan Pastoral e de Evanxelización abarque a tódolos axentes que toman parte na acción educativa do Centro, incluídas as familias
  • Compartir materiais (titorías) para a evanxelización, especialmente nos “tempos fortes” (Campañas, convivencias, celebracións litúrxicas, tempos litúrxicos, etc.)