VISITA A BAROÑA

O noso alumnado de 1° e 2° de primaria gozou dunha xornada chea de historia, natureza e aprendizaxes fascinantes. 🌿🌊

🔹 No Castro de Baroña, exploramos un antigo poboado celta a carón do mar, onde aprendimos como vivían as nosas devanceiras hai máis de 2.000 anos. ¡Sentímonos como verdadeiros castrexos!

🔹 A continuación, visitamos o Museo Marea, onde descubrimos os segredos do mar e os oficios mariñeiros. Do marisqueo á carpintaría de ribeira, foi unha viaxe ao corazón da nosa cultura mariñeira. ⚓🐚

Unha experiencia educativa, divertida e moi especial para seguir aprendendo fóra da aula. 📚💙

RADIO VOZ

O 13 de xuño o alumnado do 3ºciclo participou na festa de clausura 2025 de Radio Voz. Nesta edición os alumnos de sexto fixéronse co 1º premio na sección polo seu traballo en “Clave circular”.

Disfrutamos dun día cheo de emocións onde o tempo permitiu que desfrutáramos dun día de piscinas.

CINE NAS EXTRAESCOLARES

Na nosa actividade extraescolar de cine non só vemos filmes ou series:

Debatimos, reflexionamos e analizamos o que vemos, traballando temas como a empatía, as emocións ou a toma de decisións.

Fomentamos o espírito crítico e a expresión persoal, tan importantes nesta etapa da vida.

Cada sesión é unha oportunidade para entender mellor o mundo e a nós mesmos a través das historias que vemos.

E para pechar o curso, celebramos a nosa propia entrega de Óscars, destacando as habilidades, aptitudes e personalidades únicas de cada alumno. Tamén fixemos entrega dun pequeno agasallo a cada un deles, para que leven un recordo especial desta actividade tan significativa.

Se che gusta o cine e queres aprender a mirar máis alá da pantalla… esta é a túa extraescolar!

FRANCÉS ESO

Nas clases de francés da ESO, dar a túa opinión e participar ten recompensa!

Co noso sistema de puntos, o alumnado gaña tickets por implicarse activamente: compartir ideas, facer actividades, atreverse co idioma…

A recompensa? Privilexios dentro da aula: dende un día sen tarefa ata a oportunidade de mellorar unha nota ou cambiar a data dun exame.

E agora, en pleno final de curso, toca recoller o sementado: meses de participación, esforzo e constancia que hoxe teñen o seu recoñecemento.

FERVENZAVENTURA

O venres vivimos a nosa excursión en Fervenzaventura.Foi un día cheo de aprendizaxes e  natureza e sobre todo moita ilusión. Tivemos a ocasión de coñecer e achegarnos  a diferentes animais.A simpática  Pepa non deixou de durmir mentras a visitabamos, a burra Macarena permitiu que a cepilláramos,preparamos o biberón para darlle a Nube e plantamos a nosa propia leituga.Tamén fixemos pan que amasamos con moito agarimo para traer como agasallo as nosas casas.Foi un día moi especial que nos permitiu aprender fóra da aula en contacto coa natureza e a vida rural.

Grazas, pola vosa colaboración e confianza.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

As cantareiras foron homenaxeadas  neste día da mellor maneira posible, celebrando por todo o alto unha gran foliada.
Acercáronos as cantigas máis populares acompañadas polas pandeiretas e cunchas. Ao mesmo tempo foron amosando diferentes obxectos que eran utilizados como instrumentos nas diferentes tarefas.