Preparados, listos, xa! saímos de viaxe

Por fin saímos de excursión! erguémonos o venres coa ilusión de desfrutar dunha xornada diferente, preparamos a equipaxe necesaria e emprendemos unha viaxe cara o Grove. Alí, visitamos o acuario para realizar un paseo polas profundidades das rías galegas,  os mares tropicais e o océano atlántico e coñecer diferentes especies mariñas; gozamos dun xantar ao aire libre rodeados dunha fermosa contorna natural e recorremos a Illa da Toxa en tren turístico.

Toda unha experiencia onde non menos importante foi a viaxe en autobús! os rostros dos nenos e nenas de infantil transmitían a ledicia dun día cheo de emocións. 

A FESTA DA NOSA LINGUA

Cada 17 de maio celébrase o día das Letras Galegas. Este ano homenaxeouse ao escritor Francisco Fernández del Riego.

Ao longo das diferentes etapas, estivemos a traballar a súa figura xunto coa súa obra. Nos corredores de Primaria e Secundaria investigamos nos carteis e logo elaboramos a nosa información que rematou nuns traballos moi completos sobre a data e Francisco Fernández del Riego.

Celebramos a nosa lingua e a nosa cultura con moitas ganas e ilusión.

Os alumnos de sexto realizaron un podcast sobre o autor homenaxeado.

SENDEIRISMO NOS CHANS DO BARBANZA

O pasado venres 19, o alumnado da ESO realizou un roteiro pola zona da serra do Barbanza coñecida coma Os Chans. O percorrido tivo lugar a maior parte polo antigo camiño tradicional no que se encontran mostras do patrimonio megalítico desta zona: as mámoas.

Estudantes e docentes gozaron dunha xornada de bo tempo, e de actividades relacionadas coa identificación das mámoas e tamén da flora e fauna desta zona.

XADREZ

A punto de rematar a actividade de xadrez os nosos alumnos participaron en varios campionatos onde disfrutaron e  obtiveron moi bos resultados. No campionato da Baña quedaron subcapións comarcais: Soren, Marcos,  Paulo e Hugo.

Na categoría de Alevíns acadaron a cuarta posición Simón e Fran

Como campión intercomarcal a actuación de José Antonio que participou na categoría de Benxamíns como membro da escola de Xadrez  infantil.

Parabéns aos nosos campións.

A NOSA CIDADE

@s alumn@s de 2º de primaria realizaron o proxecto da cidade dentro da materia de Social para coñecer os diferentes espazos e funciòns que se realizan en cada un deles.

@s alumn@s de 1º da ESO encheron de cor e vistosidade a nosa cidade coas árbores realizadas na materia de Plástica.