Xornada da Prevención de Incendios

 

DSC_2602

Esta semana, os alumn@s de 4º de E.P. asistimos a unhas charlas sobre os principais riscos e focos de incendio no entorno doméstico.

A continuación, e grazas á colaboración da Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros de España, a Fundación Mapfre e os Servizos de Bombeiros de Ribeira, aprendemos a realizar as manobras de reanimación cardiopulmonar (RCP), montamos no camión de bombeiros e na lancha motora, e puidemos probar a indumentaria que deben empregar nos seus rescates.

FB_IMG_1538482274482

DSC_2597

Celebrando San Vicente

 

Os alumn@s de 4º celebramos o día de San Vicente coñecendo un pouco máis a fondo a súa vida e obra. Tamén puidemos participar con moito interese da Eucaristía xunto cos rapaces maiores do colexio e poñer o noso gran de area animando a celebración coas nosas voces.

DSC_2591DSC_2593

CERIMONIA DE SELECCIÓN EN HOGWARTS

 

Un ano máis, arranca un novo curso no Colexio Hogwarts de Maxia e Feitizos. E como non podía ser doutra maneira, cada alumno realizou o seu test on line co Sombreiro Seleccionador para saber a que casa pertencen.

Gryffindor, Slytherin, Ravenclaw, Hufflepuff…. Onde atoparán o seu fogar?

CEREMONIA DE SELECCIÓN HOGWARTS

Bo verán!!!

 

Chegou o verán, e, con el, deixamos atrás un ano máis, cheo de ensinanzas e aprendizaxes; despedimos unha xeración (2005-2018) e abrímoslles as portas a outra nova.
Vémonos á volta das vacacións, ata entón, feliz verán!!!
CELEBRACIÓN CAMIÑAMOS XUNTOS:

FESTIVAL FIN DE CURSO:

DESPEDIDA 4º ESO: