Ciencia e muller

“A Señora Anxos Alvariño. Oceanógrafa mundial”

7098183

Hoxe o Centro de Información á Muller do Concello de Ribeira puxo en marcha un programa de coeducación ao cal asistimos os nenos e as nenas de 2º de primaria.

Consistíu nun contacontos e obradoiro de debuxo que xiraba arredor da  científica galega, Anxos Alvariño, figura da oceanografía mundial, descubridora de especies e muller pioneira no mundo da ciencia e da investigación.

O obxectivo desta xornada era divulgar e poñer en valor aspectos da vida e obra desta científica galega, dende un punto de vista lúdico e apto para todos os públicos. Desenvolver a comprensión oral en galego das nenas e dos nenos na parte da narración oral e na posta en común, así  como potenciar a creatividade artística e tamén a autoestima e personalidade na parte do obradoiro.

7098174

7098170