Rumbo ás Indias

Fai uns días, e con motivo do aniversario do Descubrimento de América, os alumn@s de 4º de Primaria demos comezo a un novo proxecto que pretende axudarnos a coñecer a figura de Cristóbal Colón.

Dende os seus inicios como comerciante, pasando pola decisión de emprender un viaxe ás Indias pola ruta do oeste, ata o seu encontro cos Reis Católicos… Serán puntos clave no noso Libro de Colón que finalizará no mes de xuño.

Nestas primeiras sesións, presentamos a figura de Colón e a dos Reis Católicos, personaxes clave nesta hisotira; e comezamos a deseñar a ruta de viaxe.

Boa travesía, navegantes!

7103961710394671039367103924