Educación Infantil

Ola!

O grupo de 3 anos querémonos presentar. Comezamos este curso no Colexio A Milagrosa , onde estamos a vivir novas  e bonitas experiencias coas nosas profes e os nosos novos amigos e compañeiros. Estas son algunhas fotos de distintos  e felices momentos da nosa vida escolar neste Colexio Vicenciano que nos axudará a camiñar polo camiño apropiado.

image

 

 

 

 

image[3]

image[1]image[2]

SAÍDA CULTURAL VIGO-PONTEVEDRA

Os rapaces da ESO asistimos en Vigo ao visionado da película «RED DE LIBERTAD» que narra o vivido por Sor Helena Studler ( Hija de la Caridad) e os compoñentes da súa rede. Salvaron a máis de 2000 personas dos campos de concentración nazis, situados ao norte de Francia durante a  II Guerra Mundial. Entre eles, sábese de François Miterrand e o xeneral Giraud.
Este é o enlace á páxina web da película:
Logo, os rapaces de 1º e 2º da ESO visitaron A Fortaleza, para a continuación xantaren en Samil.
IMG_8832IMG_8994IMG_8995
Pola tarde traballaron por grupos de Cooperativo no Museo VERBUM. Traballo que teñen que expoñer na aula ao longo destas semanas.
Os rapaces de 3º e 4º da ESO xantamos en Pontevedra e disfrutamos das súas rúas e da Praza da Ferrería. A continuación fixemos un percorrido polo Museo Provincial da cidade onde non ensinaron algún dos tesouros galegos alí gardados, as vaixelas máis características de Sargadelos e parte da obra de Castelao.
IMG_8798IMG_8792
IMG_8791
 IMG_8805
  IMG_8809
 IMG_8803IMG_8811
IMG_8814Foi unha xornada moi proveitosa.

REUNIÓNS INICIO CURSO FAMILIAS-TITORES

A programación das reunións das familias coas titoras na vindeira semana é a seguinte:
LUNS 16 OUTUBRO: 1º, 2º, 3º E 4º PRIMARIA                        HORA: 18:00

MARTES 17 OUTUBRO: INFANTIL                                            HORA:  18:30

5º e 6º PRIMARIA                                HORA: 18:00

MÉRCORES 18 OUTUBRO:  ESO                                                HORA: 18:00

 

San Vicente

2017-10-09-PHOTO-00000009

O pasado mércores, 27 de setembro, todo o noso colexio estivo de festa.

Era un día moi especial para todos nós xa que celebramos o día de San Vicente de Paúl, fundador das Fillas da Caridade e gran amigo noso.

Toda a Educación Infantil e Primaria realizou unha celebración na capela do colexio e a Educación Secundaria unha  Eucaristía de principio de curso, tendo moi presente nas nosas peticións o 400 aniversario do carisma vicenciano.

20170927_1103462017-10-09-PHOTO-000000112017-10-09-PHOTO-00000010

Finalmente unímonos todos creando un gran puzzle con frases do noso fundador.

IMG_4225

E continuando as pegadas de San Vicente de Paúl, ao longo desta semana levamos a cabo  diferentes talleres, onde contamos coa colaboración dos nenos e nenas de Secundaria guiando aos máis pequenos na elaboración dos mesmos.

F7135530-A501-4182-96BA-4A7540F53B73

IMG_490320170928_122549

Curso 2017-2018

Rematamos as vacacións de verán e comezamos con ilusión un novo curso.  Agardan por nós novas experiencias e coñecementos nas aulas para crecer día a día.

Desde a comunidade educativa do colexio, desexámosvos un feliz curso 2017-2018!

SchoolSupplies_000043986744_Medium

 

HORARIO UNIFORMES

HORARIO RECOLLIDA UNIFORMES:

VENRES 8: INFANTIL E PRIMARIA (con e sen pedido): 10:00-13:30  e   16:00-19:00

LUNS 11: ESO (con pedido): 9:30-13:30

ESO (sen pedido): 16:00-19:00

MARTES 12: ESO (con e sen pedido): 10:00-13:30

 

 

 

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.