UNIFORME 2013-14

O pasado venres 27 de setembro o consello escolar do colexio LA MILAGROSA, aprobou entre outros temas o anexo do Regulamento de Réxime Interno (RRI) que regula o uniforme do centro.

Este anexo pódese consultar no seguinte enlace: Anexo RRI

Como non se publicou este anexo antes do verán, o centro será flexible naqueles cambios que son novidade este  curso, por exemplo o calzado deportivo branco e non negro,  pero non en cuestións que xa levan implantadas dende hai catro anos e recordadas o ano pasado. Calqueira dúbida que xurda, poden consultarnos no centro ou ben aos titores ou Equipo Directivo.

E lembren que as normas establecidas no RRI son de obrigatorio cumprimento.