ARCA DE NOIA

Esta semana tivemos unha actividade fóra do ámbito escolar: a visita de dúas mozas voluntarias que pertencen á protectora Arca de Noia. Está adicada ao coidado e adopción de diferentes animais, especialmente cans e gatos. Fixemos a actividade na horta e trouxeron tres cans e dous gatos para ensinarnos unha serie de cousas sobre o coidado destes animais.

. Primeiro faláronnos de cans, dixéronnos que era mellor adoptalos porque hai moitos cans abandonados sen familias. Cando coidamos un can adquirimos unha responsabilidade coma se fose un novo membro da familia coas mesmas necesidades de saúde e comida. Os cans, aínda que preferentemente é mellor telos nunha casa con xardín para que se poidan mover, tamén os podemos ter nun piso, tendo en conta que precisan camiñar e facer as súas necesidades fóra.

Respecto aos gatos, podemos aplicar as mesmas observacións que fixemos cos cans con respecto á adopción, comida e saúde. Os gatos, a diferenza dos cans, realizan as súas necesidades nunha area especial e non precisan tanta mobilidade. Estamos moi agradecidos pola visita e a aprendizaxe que recibimos. Moitas grazas!!!