Dende o E quipo de Pastoral queremos lembrar a festividade de Santa Luisa, que celebramos antes das vacacacións de Semana Santa. Que o amor ao próximo nos leve a colaborar entre nós, a pesar de ser tan distintos; como lle sucedeu a Santa Luisa e a San Vicente.
8 DE MARZO DIA DA MULLER TRABALLADORA
Os alumn@s de 6º de E.P. hoxe quixemos facer unha pequena homenaxe a todas aquelas mulleres que cos seus actos fixeron posible que a muller fose escoitada e respectada en facetas da vida que so estaban desenvolvidas polos homes.
Mulleres como Lady Mary , Rosa Parks,Minn Keal,Gertudre Bell e Margarita Dans ( 1ª muller que fixo atletismo en Galicia (1961) atrevéronse a dar un paso adiante.
O noso recoñecemento a todas as nais que traballan dentro e fóra dos fogares.
Cando Verne amarrou en Vigo…
foi a escolla do Plan Lector para este trimestre.
Esta mañá somerxémonos nunha viaxe ata o Vigo do s. XIX. acompañados da literatura de Xulio Verne e da música de Manuel de Falla. O autor valenciano Paco Climent recrea nunha das súas obras a novela histórica baseándose nos feitos acontecidos na ría de Vigo despois do afundimento dos galeóns españois procedentes de América.
Tito Spaguetto falounos da importancia da lectura, a curiosidade por aprender, o pensamento individual e a personalidade propia, temas que comentamos ao longo dunha hora e pico! para animarnos a decidir novas lecturas e apaixonarnos con mundos novos que están por descubrir.
Grazas por todo!
Creative Cuisine
Durante estes días que o tempo estivo algo revolto , no taller de Creative Cuisine démonos conta de que a primavera empeza a chamar a porta.
Na natureza comezan a saír as primeiras flores e moitos animaliños comezan a saír do letargo invernal. Como non, estas semanas no noso taller tivemos a visita dos primeiros vermes da tempada e naceron as primeras flores na nosa horta.
Animación á lectura
Estes días visitou o noso colexio unha persoa moi especial, unha persoa que disfrutaba da nosa compañía e que nos facía reflexionar sobre o importante que é estar preparado para facer determinadas lecturas e poder sacarlle o maior partido posible. Tamén nos fixo ver que a solución aos nosos problemas e inquietudes estaba en cada un de nós.
Resultou unha clase divertida, amena e con moitos interrogantes que se irán solucionando co paso do tempo.
Aprendemos dos nosos compañeir@s
SABES COMO SALVAR UNHA VIDA?
Os alum@s de 6º de primaria participaron nunha clase práctica, a cargo do profesor de E.F. da ESO, onde puxeron a proba as súas habilidades e coñecementos sobre as técnicas básicas de soporte vital para salvar unha vida.
Aprendemos o importante que é recoñecer unha parada e actuar responsablemente intentando reanimar cunha masaxe cardiopulmonar e chamar ao servizo de emerxencias para garantir que recibe o tratamento médico axeitado.
Despois da clase práctica recordamos a nivel teórico todo o aprendido.
Xornadas Deporte Escolar
Os alumnos e alumnas dende 3º a 6º tiveron a oportunidade de compartir con nenos e nenas doutros colexios a afección pola actividade física, concretamente polos deportes de baloncesto, fútbol, balonmán e floorball. Na primeira das xornadas desprazámonos ata o C. E. I. P. Santa Baia de Boiro e na segunda xornada visitáronnos no noso centro alumnos e alumnas do Colexio Bayón.
Foron unhas xornadas de gran divertimento para todos, onde o resultado foi o de menos, primando o xogo limpo, o compañeirismo e os demais valores que promulga o deporte.
24 de febreiro «Día de Rosalía»
Un 24 de febreiro de 1837 naceu en Santiago a poetisa galega Rosalía de Castro e Abadía. Dende hai uns anos, conmemórase o aniversario do seu nacemento, adicándolle o día a lembrar a súa obra e a súa vida.
Nós, quixemos unirnos a esa celebración recitando poemas, preparando debuxos e murais, traendo os seus libros ó cole ou participando nas redes sociais na campaña #mobilizarosalía, proposta pola AELG (Asociación de escritores en lingua galega) cos versos
«Trocando en sonrisas
queixiñas e choros»
do poema IV de Cantares Gallegos.
Os alumn@s de sexto asistimos ao Auditorio de Riveira para participar nunha homenaxe a Rosalía para conmemorar o seu nacemento.
A través da narración e a música fóronos contando a súa vida introducindo os poemas que ela escribiu.
O amor a natureza, os problemas da muller por aquel entón , as diferenzas de clases, o gusto e orgullo pola nosa lingua…..foron algúns dos temas que trataron.
Ao final rematamos recitando todos xuntos un anaquiño da súa obra «Cantares gallegos» (1863).
Feliz día de Rosalía a todo@s!!!
«Camiñamos xuntos por ti»
O tren da Coresma, na súa segunda semana, levounos a unha actividade en favor de MANS UNIDAS: «Camiñamos xuntos por ti».
De 3º de EP a 4º de ESO, fomos ata o Dólmen de Axeitos, para compartir unha comida solidaria. Os maiores, voluntarios, responsabilizáronse dos máis pequenos e xuntos camiñamos a mediodía nunha ruta que rematou de volta no colexio preto das 15’00 da tarde.