O número agraciado co televisor HD 32 pulgadas que rifou 3º e 4º da ESO foi o 2087.
A persoa que mercou a rifa foi CARLOS PÉREZ.
Noraboa.
Sábado de Formación Pastoral
AXUDAS LINGUAS ESTRANXEIRAS
A Consellería de Educación acaba de anunciar no DOG do 7 de febreiro, as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras e que van dirixidas a alumnos que cursan actualmente algún curso da ESO ou Bacharelato.
Os solicitantes ademais, deberán ter superadas todas as materias no curso 2016/17 e unha nota mínima de ben ou 6 na área de lingua inglesa.
Poden descargar o DOG neste enlace ou o cartel informativo:
Xornadas «Benvidos ao espectro»
A Asociación Galega de Asperger ( ASPERGA ) organiza unhas Xornadas co título «BENVIDOS AO ESPECTRO». Máis información na web: www.asperga.org
Carreira de relevos
Desta volta o alumnado de 1º da ESO está a aprender a realización da carreira de relevos, tendo que entregar o testigo dentro da zona de entrega. Aprendendo e mellorando cada día.
Obradoiros A Creba
Continuando coas xornadas de sensibilización coas enfermidades mentais , os usuarios da asociación A Creba desprazáronse na mañá do venres, ao noso colexio para levar a cabo un obradoiro en vivo dos diferentes traballos que realizan na asociación.
Asistiron os alumnos de 5º e 6º participando na elaboración dos mesmos con entusiasmo e empatía.


Os nosos rapaces puideron comprobar como a discapacidade que sofre este colectivo non é un impedimemto para poder desenvolver unha vida normalizada e integrada socialmente.


Tanto a entidade como a comunidade educativa do colexio destacan e comparten a importancia destas convivencias para destapar a realidade que xira en torno a este colectivo que está moi estigmatizado.
Infancia Misioneira
Ao longo da semana pasada, levamos a cabo a campaña de Infancia Misioneira baixo o lema “Atrévete a ser misioneiro”. Fixemos varias actividades de sensibilización que comezaban cada mañá no momento da oración. Con elas facíase ver a importancia da misión de cada persoa para lograr un mundo máis xusto e servicial, e logo continuaban con actividades interdisciplinares. A seguir engadimos o enlace da páxina web onde se pode visualizar o destino da axuda recollida nestes días:
https://www.omp.es/jornadas-infancia-misionera/
Moitas grazas pola vosa colaboración, sen a axuda de todos non sería posible.
Deporte escolar
O pasado día 31 de xaneiro o noso alumnado tivo unha nova xornada de deporte escolar no polideportivo municipal de Palmeira, onde desfrutaron de diferentes deportes xunto cos compañeiros e compañeiras do colexio CEIP O Grupo. Un día máis, todos o pasaron en grande compartindo unha xornada de actividade física, a cal rematou cunha gran partida multitudinaria de brilé, que serviu tamén para coñecer a nenos e nenas do colexio do Grupo, así como promover os valores do deporte como respecto, igualdade e compañeirismo.
Día da Paz
O martes, 30 de xaneiro, Infantil ata 4º da ESO reunímonos para conmemorar esta data coa realización dunha pequena homenaxe a eses homes e mulleres que loitaron pola paz.
Cada curso elaborou un sinal que simboliza a apertura a un mundo novo con novos sentimentos e emocións e sinais de Stop que poñen freo a todo aquilo que fai escurecer o noso entorno .
Cada curso realizou unha votación para elixir ao alumn@ que mellor resolve os conflitos da aula e foi galardoado cun diploma que recoñece ese labor.
Os alumn@s de 4º da ESO foron os encargados de leren o manifesto onde quedou reflectido que queda moito por facer e que cada un de nós somos importantes para conseguilo.
Excursión á neve
Aquí vai unha pequena mostra do ben que o pasaron as alumnas e alumnos de 3º e 4º da ESO na viaxe á neve da pasada semana. Estiveron aloxados nun albergue no pobo de Villablino e disfrutaron das pistas da estación de esquí de Leitariegos, onde coa axuda dos monitores, aprenderon a esquiar e a facer snowboard.









