O alumnado de 1º e 2º da ESO participaron no taller de Renacer para explorar o mundo das emocións e a súa autoregulación como adestramento para a vida.
Os alumnos de 6º de EP levaron a súa voz e o seu corazón polas aulas para sensibilizar sobre o autismo a través da música. Con «Di-versos» a canción que compuxeron, lembráronnos que todos somos únicos e valiosos.
Como cada ano por estas datas as etapas de primaria e ESO participan nunha andaina ata o Dolmen de Axeitos co obxectivo de concienciar do importante que é compartir con aqueles que teñen menos recursos. A comida dese día é un bocata solidario, peza de froita e auga. Grazas pola vosa participación.
Os nosos alumn@s fixeron as súas mellores actuacións ao longo do pasarrúas. Os máis pequenos desfrutaron de actividades lúdicas tendo o mundo do circo como centro de interese.
O alumnado da etapa da ESO gozou duns días na neve na estación de Leitariegos. A práctica do esquí e a visita a Ponferrada foron actividades actividades que completaron uns días de convivencia.
Os nenos de 4°de Educación Primaria crearon a o seu propio Elmer dunha maneira única, diferente e especial. Comprendendo toda a diversidade que nos rodea, comezando por un mesmo.