Rematamos as vacacións de verán e comezamos con ilusión un novo curso. Agardan por nós novas experiencias e coñecementos nas aulas para crecer día a día.
Desde a comunidade educativa do colexio, desexámosvos un feliz curso 2017-2018!
HORARIO RECOLLIDA UNIFORMES:
VENRES 8: INFANTIL E PRIMARIA (con e sen pedido): 10:00-13:30 e 16:00-19:00
LUNS 11: ESO (con pedido): 9:30-13:30
ESO (sen pedido): 16:00-19:00
MARTES 12: ESO (con e sen pedido): 10:00-13:30
Os libros de lingua estranxeira (Inglés) para o curso 2017-18 nos cursos 1º e 3º ESO, serán os seguintes:
1º ESO: 9780194506007 SCOPE 1 STUDENT`S BOOK, ED. OXFORD
3º ESO: 9780194506243 SCOPE 3 STUDENT`S BOOK, ED. OXFORD
A continuación pode consultar a listaxe definitiva de libros de texto correspondente ao fondo de libros, no apartado de AYUDAS LIBROS.
A continuación pode consultar a listaxe provisional de libros de texto correspondente ao fondo de libros, no apartado de AYUDAS LIBROS.
A continuación pode consultar o calendario das probas de setembro e do curso escolar 2017-18.
O pasado domingo achegámonos a Artes para recoller os premios de poesía que acadaron dous alumnos do noso centro no IV concurso de poesía Asociación Cultural «Albariza» Artes 2017.
Na categoría de 9 a 11 anos, a premiada foi a alumna Candela Fernández Leyenda, cun 3º premio pola obra «Galicia».
Na categoría de 12 a 14 anos o premiado foi José Valiño Vidal, co 2º premio pola obra «A curiosidade».
O centro recolleu unha placa conmemorativa pola súa participación no certame.
Noraboa, rapaces!!!
Os alumn@s do 3º Ciclo de EP remataron o curso cunhas xornadas festivas e culturais.
Visitaron A casa das Ciencias co seu paso polo Planetario,
rematando cunha tarde pasada por agua no Parque acuático de Cerceda.
Ao día seguinte fixeron unha andaina para disfrutar do entorno natural e arqueolóxico do castro de Baroña.
Bo verán a tod@s.
Dende o 27 de maio e con motivo da conmemoración dos 400 anos do Carisma Vicenciano, o taller de Club Creativo, que leva funcionando no centro dende hai varios anos a cargo de José e Paula, comenzou un proxecto para realizar cos alumn@s e así quedar constancia do noso carisma: Servizo.

O noso agradecemento por esta iniciativa e por encher de cor os nosos espazos, e por suposto, por encher de creatividade e ilusión o corazón dos nosos alumn@s.
Grazas!