RUMBO A HOGWARTS

 

IMG_20190920_135745
A nova promoción de magos e bruxas percorreu o corredor do colexio moi ilusionada. Antes de entraren, agardábaos unha pequena sorpresa. Unha bandada de curuxas esperábaos cunha carta para cada un deles.
IMG_20190911_090610
IMG_20190917_131252IMG_20190917_130457
Dentro do sobre, un billete de tren que lles indicaba por onde atravesar o Andén 9-3/4 e unhas coordenadas para atopar o seu asento.
Unha vez acomodados, comeza o novo curso.
IMG_20190911_091040
Trala Cerimonia de Selección, o Sombreiro Seleccionador foilles indicando se serían leais Hufflepuffs, intelixentes Ravenclaws, ambiciosos Slytherins ou valentes Gryffindors.
Os novos alumnos comezaron con afán e xa sumaron os primeiros puntos no noso marcador.
BO CURSO, RAPACES!!!       ???