No Día de Rosalía: “Un ACUARIO moi especial”

acuario

Os alumnos de 2º e 3º de Primaria asisitimos o pasado venres 22 á divertida obra de teatro “Acuario”, do grupo teatral Ghazafelhos.  Esta actividade estaba enmarcada dentro dos actos do día de ROSALÍA. Fixéronnos viaxar a través das ondas do mar con diferentes melodías para coñecer aos habitantes da nosa costa: sollas, fanecas, xardas, robalizas, sardiñas… Pasamos un intre moi divertido, sorrindo e cantando.. valorando a nosa lingua e todas as novas palabras e coñecementos que aprendemos.

teatro221 (2)teatro222 (2)

Mentres, no colexio, os poemas de Rosalía ían enchendo de luz e cor as aulas e os corredores para lembrar a nosa poetisa máis ilustre.

IMG-20190225-WA0006