INESPERADO ATAQUE EN HOGWARTS

IMG_20200129_154931

Esta tarde, cando nos dirixíamos a aula de 4º para asistir á clase de Historia da Maxia fomos sorprendidos cun inesperado suceso. A Señora Norris, a gata de Filch, o conserxe, estaba colgada pola cola no marco da nosa porta, inmóbil e sen respirar. Segundo informaron os mestres, esta non estaba morta, senón petrificada.
A carón dela, atopamos unha mensaxe escrita con sangue que rezaba así: «A CÁMARA DOS SECRETOS FOI ABERTA. TEMEDE, INIMIGOS DO HERDEIRO».
IMG_20200129_155222
Preocupados pola situación acontecida, indagamos nos grimorios da nosa aula sobre a Cámara dos Secretos e descubrimos unha solución para poder revivir á Señora Norris. Mediante unha poción, voltará á vida, pero primeiro, precisamos levar a cabo un bosque cultivo de mandrágoras.
Poñémonos mans á obra! ?