Día Internacional contra a violencia de Xénero

descarga

Cada 25 de novembro celebrase o día Internacional contra a violencia de Xénero. Este tipo de violencia segue sendo,a día de hoxe, unha das principais lacras da nosa sociedade; por iso no noso afán de potenciar nos alumnos os valores que nos farán mellores persoas e mellores cidadáns do futuro, está a concienciación e sensibilización para que saiban detectar e combatir os diferentes tipos  de agresións,non só físicas senón tamén verbais e psicolóxicas,que son o primeiro paso da violencia de xénero. TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO COLEXIO DI E DIRÁ NON A VIOLENCIA DE XÉNERO.

violenciav-de-x

PEQUENOS CIENTÍFICOS

dsc_0430

Aproveitando a Semana da Ciencia, os alumnos de 3º e 4º de Primaria, desprazámonos ata a Coruña, a cidade de cristal.

Alí, vímonos rodeados de cultura polos catro costados, e puidemos disfrutar de dous dos seus principais museos: O MUNCYT e a Domus.

dsc_0472

Durante a mañá, visitamos o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía. Coa axuda dos nosos guías, levamos a cabo un experimento que nos axudou a valorar a importancia da auga potable. Durante a nosa estancia, tamén puidemos coñecer os famosos robots do museo, Pepe Xan e Mari Luz; e viaxar a bordo do BOEING 747 encargado de traer o Guernica a España.

dsc_0457dsc_0452dsc_0449dsc_0446

Tras o xantar, desprazámonos ata a Domus, onde puidemos manipular diferentes maquetas e asistir a unha representación en 3D da película “Pequenas criaturas”.

img-20161111-wa0004dsc_0475

Foi un día de gran proveito!

Carreira solidaria Save the children

Como cada ano o 20 de novembro recordamos  o Día dos Dereitos do Neno colaborando coa ONG  Save the Children.

img-20161119-wa0000

Este ano sensibilizámonos coa importancia que ten a auga nas nosas vidas e da que moitos carecen.

Participando na carreira escolar Quilómetros de Solidariedade queremos axudar a que milleiros de cativos e cativas teñan acceso á auga potábel, a unha alimentación axeitada e a unha educación.

image3image

Cunha aportación de 4 euros un rapaz recibe material para seguir estudando, con 7 euros, ten auga potábel nunha escola durante un mes e con 17 euros un neno come no colexio durante un mes.

image2image1

Tod@s os alumn@s do colexio convertémonos en gotas de auga  e,  gota a gota logramos levar un pouco de alegría   e axuda a aqueles rapaces que máis o necesitan.

img_20161118_163625img_20161118_162913img_20161118_154844img_20161118_153412img_20161118_152631

Grazas a tod@s  por colaborar.

Festa do Magosto

magosto

Coa chegada do outono a castaña convértese na protagonista das nosas actividades escolares,xunto con outros froitos desta época.

img-20161118-wa0022-2img-20161118-wa0018-2img-20161118-wa0009-2

O mércores o magosto converteuse na actividade estrela , onde os alumn@s de Infantil e Primaria degustamos unhas deliciosas castañas na horta do colexio disfrutando dunha tarde espectacular en compañía dos nosos compañeiros e mestres.img-20161116-wa0012-2

PROXECTO ESTADOS UNIDOS: ELECTION DAY

Durante estes últimos días, os alumnos de 1º de E.S.O. demos comezo ao noso proxecto sobre Estados Unidos. Dende a área de Xeografía e Historia, traballamos en pequenos grupos o funcionamento do sistema electoral e coñecemos o programa de goberno dos principais partidos: Demócratas e Republicanos.

dsc_0363dsc_0392

Tras este primeiro achegamento, analizamos os pros e os contras de cada un dos candidatos. Os rapaces presentaron as súas opinións e sinalaron con que tendencia se sentían máis identificados.

Como peche da actividade, cubrimos o noso documento de cidadáns americanos e depositamos o noso voto.

dsc_0402dsc_0385dsc_0389

Quen será o próximo residente da Casa Branca?

Samaín

image1Os nenos de Infantil disfrutaron ó longo da semana dunha clase decorada de cabazas,  cada cal máis artística, feitas coa axuda das familias, e  na clase.

imageimage3

Foi unha semana divertida cargada de creatividade.

image4

image2

Anuncio sorteo Xunta Electoral

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

De conformidade co establecido na Resolución do 26 de setembro do 2016 da Dirección Xeral de Educación,  Formación Profesional e Innovación Educativa  e da Dirección Xeral de Recursos Humanos  (DOG do 4 de outubro), realizarase próximamente neste centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de tódolos sectores educativos do Colexio.

A organización e a supervisión do prodedemento de elección dos novos membros do consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto o día 4 de novembro ás 15:00 horas, e integrada por:

– O Director ou directora do Centro

– Un representante da titularidade

– Un profesor ou profesora

– Un pai ou nai ou titor legal.

– Un alumno da ESO

– Un representante do PAS.

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece a Orde do 28 de agosto de 1996 (DOG 26/9/1996), art. 7º. Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día  3, xoves ás 11:15 horas.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instruccións que figurarán nas distintas convocatorias que próximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.