O pasado día 7 de febreiro o noso alumnado tivo a terceira xornada de deporte escolar no Polideportivo Municipal de Palmeira, onde desfrutaron de diferentes deportes xunto cos compañeiros e compañeiras do CEIPP de Palmeira. Un día máis, todos o pasaron en grande compartindo unha xornada de actividade física, na cal fixemos equipos mesturándonos cos compañeiros e compañeiras de Palmeira, fomentando deste xeito os verdadeiros valores do deporte.
O Xenio das Divisións!!!
Carné Máxico
Prefectos 2020
O MUNDO DAS PLANTAS
Na neve en Leitariegos
O alumnado de 3º e 4º da ESO tiveron una saída á estación de esquí de Leitariegos os días 27, 28 e 29 de xaneiro.
Durante a estancia puideron aprender a esquiar ou a facer snowboard cos monitores da estación e ademais visitaron o Centro de Interpretación del Urogallo.
Foron uns días moi intensos nos que o paxaron xenial aprendendo un novo deporte.
INESPERADO ATAQUE EN HOGWARTS
A Fiestra de Cooperativo
Obradoiros de lingua
Unha das actividades lúdicas e de aprendizaxe máis interesantes que traballamos ao longo do curso de 3º de ESO son as tardes que adicamos aos Obradoiros de Expresión Oral.
Imaxinación, orixinalidade, investigación e moito traballo detrás dan como resultado exposicións nas que eliximos temas actuais e que nos interesan como mozos e mozas de hoxe.
Cos nosos deportes favoritos, o baloncesto e o fútbol, afeccións como a pintura á acuarela ou o cine, o Ciberbullying , os coches híbridos e problemáticas adolescentes, comezamos esta semana a nosa rolda de exposicións orais.
E como desexo para as vindeiras sesións, lembramos o final da exposición sobre Star Wars: «Que a forza vos acompañe sempre!»