Ligazón ao blog de Pastoral
TRABALLANDO AS SOMBRAS
DOMUND
Este domingo 23 de outubro celebramos o DOMUND, co lema “Seredes a miñas testemuñas”, a xornada quere compartir as testemuñas dos misioneiros, “o rostro más bonito da Igrexa”.
Nesta xornada, dun xeito especial, a Igrexa universal reza polos misioneiros e colabora coas misións. Este ano, esta data é máis especial, xa que o DOMUND cumpre 200 anos ao servicio da misión.

FORMACIÓN DEPARTAMENTO PASTORAL
Os profesores tamén necesitamos formarnos, e a iso adicámonos un pequeno grupo o pasado fin de semana en León na Casa Provincial das Fillas da Caridade. Nesta formación centrámonos na importancia do ser, saber e saber facer, como persoas crentes no Deus de Xesús de Nazaret… ao estilo de San Vicente e Santa Luisa.
Estes cursos fannos avanzar xuntos e mellorar, persoal e profesionalmente, como educadores vicencianos.

AULA DE PT
SNAPPET
CELEBRACIÓNS SAN VICENTE
O pasado martes celebramos o día de San Vicente de Paúl, foi un día grande, cheo de ledicia. Foi unha xornada diferente onde vivimos moitas emocións. Na visita á capela abrimos os nosos corazóns á súa mensaxe, adicándolle cada oración e cada canción a esa persoa que nos ensinou que a forza do amor e a súa creatividade fan posible que construamos sonos de PAZ coma el fixo no seu tempo.
E na hora do recreo todos os alumnos e mestres do colexio compartimos un delicioso chocolate con churros, xogos e risas. Foi unha xornada diferente que nos fixo abandonar, por uns momentos, a rutina dos deberes e as programacións.
PARABÉNS SAN VICENTE!!

SAN VICENTE DE PAÚL
ACTIVIDADE FORMATIVA
INFORMACIÓN ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA
A continuación pode consultar información relativa á Escola Municipal de Música de Ribeira.