Este trimestre estivemos a traballar en 1ºESO no proxecto chamado “Cartas ao futuro”. Adicamos unha tarde a escribirmos cartas que volveremos a ler cando esteamos en 4ºESO. Nelas, amosamos os nosos desexos e as nosas inquedanzas, falamos dos nosos sentimientos, dos amigos, a familia, os profes… tamén imaxinamos que pasará ao longo deste tempo coa ilusión de que os nosos soños se cumpran! Queremos aprender moito, e non perdemos a esperanza de telo conseguido, na escola e na vida.
O alumnado de 1º da ESO traballou o automatismo e a reciclaxe na materia de Tecnoloxía ,fomentando a aprendizaxe práctica a través das iniciativas deste novo proxecto educativo.
Onte os alumnos do 3ºciclo de primaria e 1º da ESO participaron nunha charla sobre as vantaxes e desvantaxes de navegar pola rede así como ferramentas seguras que deben utilizar.
Onte celebrouse o Día do Libro, é unha data moi especial que nos permite conmemorar o falecemento de dous grandes xenios da literatura universal: Miguel de Cervantes e William Shakespeare.
Ao longo de varias clases fóronse levando a cabo distintas actividades co obxectivo de fomentar o pracer pola lectura e despertar no noso alumnado a curiosidade por explorar outros mundos.
Os máis novos do cole elaboraron un marcapáxinas e desfrutaron da lectura do seu libro favorito, aproveitando o bo tempo destes días.
Na etapa de Primaria, realizáronse diferentes actividades que permitiron por en práctica a súa creatividade e expresión.
Foron diseñadores gráficos, creando a decoración dun poema de Juan Ramón Jiménez. Crearon contido elaborando cómics, poemas e minibooks en lingua extranxeira.
Os máis maiores, fixeron un certame literario de poesía, no cal, as mestras de linguas selecionaron as mellores obras, as cales foron galardoadas pola súa calidade e expresión artística.
Cada alumno regalou o seu poema acompañado dunha rosa a outro compañeiro, emulando así a festividade de San Jordi.
Ao finalizar a mañá, tivo lugar un acto conmemorativo, no que puidemos asistir ás obras realizadas polos compañeiros de primaria e secundaria, rematando así outro capítulo máis da nosa andaina por este cole.
Un ano máis as tres etapas do colexio correron Kilòmetros de Solidariedade para axudar á infancia en territorios de guerra. Os máis pequechos fixeron uso de patíns e bicicletas para facer o percorrido ,mentres os alumnos de primaria desfrutaron de diferentes circuítos no patio do colexio. Os alumnos da ESO botaron man das bicletas e dunha boa andaina para subir ao monte Tahúme, como vén sendo tradiciòn. Un día esplendido cheo de boas sensaciòns e sobre todo de por o noso gran de area colaborando nesta tarea.
Ao longo deste mes, o alumnado de sexto desenrolou unha situación de aprendizaxe sobre a electricidade, os seus tipos e a importancia do seu uso diario. Tamén nos percatamos de que existen diferentes tipos de enerxía, renovables e non renovables, e das consecuencias que do seu uso se derivan. Para rematar, levamos a cabo a construción dun circuito eléctrico en serie. Que emoción velo funcionar!!!
Durante estas semanas, os alumnos de 2° de ESO levamos a cabo un traballo de investigación que nos permitiu afondar nas principais características da arte gótica. Establecemos unha comparativa coa arquitectura románica e fixemos unha escolla dos principais exemplos arquitectónicos. Como peche desta actividade, escollemos e diseñamos o modelo que máis tarde plasmamos dentro dun arco oxival.