ANIMACIÓN Á LECTURA

O grupo de teatro ATALAIA  visitou o noso colexio para levar a cabo unha xornada de animación a lectura na que participaron todos os alumnos de E. Primaria e o último curso de EI.

2014-04-24 10.02.242014-04-24 11.59.25

Todas as sesións xiraron en torno á competencia social e cidadán,  partindo dos conflitos dos alumnos,  propios de cada idade. Eles  víanse reflectidos e partiparon activamente, sen esquecer un ton de humor.

2014-04-24 11.59.51

NOTICIAS DE INFANTIL!

Durante o mes de maio fixéronse no Colexio distintas actividades para traballar tanto o  Día do Libro como as Letras Galegas. En Infantil, unha desas actividades foi convidar os pais/nais dos nenos/as a contarnos un conto, elixidos por eles mesmos, polo que conseguiron manter a atención dos rapaces/as e, ademais, aprender.

OLYMPUS DIGITAL CAMERAIMG-20140529-WA00022014-05-21 16.30.05 IMG-20140529-WA0004

IMG-20140614-WA0001

 

Para rematar  o mes de Maio: “Mes de María” fixemos una procesión para visitar a Virxe de Aranzazu, na horta, onde se lle ofreceron frores, poesías e cantos.

2013-11-29 15.28.16OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

 

 

 

 

 

 

 

O longo do curso os nenos/as de 6º de Infantil elaboramos na aula proxectos con temas elexidos polos rapaces/as como o dos  “cabalos” e as “bolboretas”. Partindo do que xa sabían e o que lles gustaría saber, sorprendéronse de todo o que chegaron a aprender destes animais.

OLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

EXCURSION 5º-6º INFANTIL:

Este curso os nenos/as de 5º e 6º Infantil fomos de excursión ó Grove. Alí visitamos o Acuario e fixemos un recorrido no tren turístico ata a Illa da Toxa. Foi una experiencia moi divertida e cultural.

OLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERA

Tres nenas de 6º Infantil –Noela, Graciela e Iria Paz- sorprenderon a todo o colexio, cando de forma espontánea, no día das Letras Galegas, actuaron en todas as aulas do centro tocando a pandeireta, cantando e bailando cancións tradicionais galegas. Estiveron marabillosas!

OLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERA

5º E.I. E O SEU MAIO CULTURAL

Viñeron as nosas familias a contarnos contos! Fíxonos tanta ilusión…

 

 

 

SAM_1416    SAM_1437

O 17   de maio foi o Día das Letras Galegas, e nós tamén o celebramos!!!

SAM_1452

Tamén tivemos a oportunidade de compartir un obradoiro de papiroflexia a cargo de alumnos da ESO!

SAM_1404

Fíxonos moita ilusión, facer unha ofrenda floral na capela da horta.

SAM_1526

E que ben o pasamos na excursión ao Grove!

SAM_1461SAM_1459SAM_1462

 

NA CORUÑA DE SAÍDA CULTURAL

 

O día 11 de abril de 2014, os alumnos de 1º e 2º de ESO realizamos unha viaxe á Coruña, onde visitamos a Domus. O percorrido comezou na aula de Magnavisión, vendo unha película en 3 D sobre a aviación.

DSC_0087DSC_0091DSC_0094

seguidamente tivemos a experiencia de manipular e diseccionar un corazón, onde se ven as distintas caras de expectación ( uns de ilusión “futuros médicos” e outros de repulsión).

DSC_0108

Seguidamente tivemos tempo para observar e manipular as distintas áreas do museo.

DSC_0120DSC_0119

DSC_0105

Á hora de xantar, estivemos todos xuntos no comedor da Domus, onde todos os rapaces colaboraron na reciclaxe de plásticos, restos órganicos e vidro, xerados no momento da comida.

DSC_0147

Para facer a dixestión e estirar as pernas realizamos un percorrido polo paseo marítimo desde a Domus pasando polas praias de Orzán e  Riazor  ata chegar ao Muncyt. Puidemos ver neste percorrido os desastres provocados polos fortes temporais deste inverno.

DSC_0103DSC_0167DSC_0156

No Muncyt  moitos rapaces quedaron asombrados pola variedade de inventos dende máis antigos ata os máis modernos, o que máis chamou a atención foi a cabina do avión, onde puideron entrar e imaxinar seren pasaxeiros de verdade.

DSC_0139DSC_0140

CARLOS CALLÓN visitounos na escola.

Onte foi unha tarde moi emocionante! Agardabamos unha visita especial todos os rapaces e rapazas de 3º e 4º de ESO. Tivemos a gran sorte de poder escoitar a unha das persoas máis activas e relevantes no mundo da lingüística actual: o escritor e profesor Carlos Callón.

DSC_9474

De maneira amena e divertida, contounos anécdotas dos seus libros e explicounos as razóns polas que dende hai moito tempo leva traballando a prol dos dereitos lingüísticos dos galego-falantes. Tamén puidemos charlar con el e transmitirlle as nosas inquedanzas e dúbidas sobre o seu traballo, ou a situación e o futuro do galego.

DSC_9475DSC_9477

Aínda tivo tempo de asinarnos os exemplares do seu último libro: Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez.

_visd_0001JPG05QF8

3º de ESO encargouse de prepararlle unha calorosa benvida, e Óscar Boo e Alberte Fernández de 4º de ESO elaboraron un video que podedes ver na canle de Youtube: Benvida a Carlos Callón.

DSC_9472DSC_9484

Moitísimas grazas por vir e compartir connosco unha tarde tan interesante!

RIANXO

Na mañá de onte, o grupo de 4º de ESO fomos de visita cultural a Rianxo. Había tempo que estabamos a agardar por ela, e despois de coñecer a importancia e o valor desta vila mariñeira que temos tan preto,( onde naceron algúns dos máis importantes escritores e intelectuais galegos do s.XX ),  non nos defraudou.

Visitamos o Museo do Mar, e alí Kike explicounos como se constrúen as dornas, a evolución no cultivo de mexillón nas bateas ou sistemas de pesca tradicionais.

IMG-20140528-WA0011

Despois achegámonos á Casa Museo Manuel Antonio. Foi moi emocionante ver o lugar no que naceu, e como se conservan as súas pertenzas, os manuscritos, fotografías e poemas que estudamos na clase durante o curso. Rebeca contounos moitas anécdotas interesantes da vida do poeta.

IMG-20140528-WA0015

Rematamos a visita paseando polas rúas da vila onde viviron Castelao e Rafael Dieste, visitamos a capela da Guadalupe e o Paseo da Ribeira. Antes de voltar, pasamos polo Auditorio, para rematar unha mañá completa cultural e de lecer.

IMG_9575  IMG_9577

O noso agradecemento ao Concello de Rianxo polo convite, e a Kike e Rebeca pola acollida.

AVISO REUNIÓNS INFORMATIVAS CURSO 2014-15

Na vindeira semana informaremos dende o centro sobre aspectos organizativos relevantes de cara o vindeiro curso:

 

          IMPLANTACIÓN DA PLATAFORMA DIXITAL “EDUCAMOS”

IMPLEMENTACIÓN PROGRAMA DE AUXILIAR DE CONVERSACIÓN NATIVO

          PROPOSTA NOVO HORARIO CURSO 2014-15

 

Polo tanto, para que a información chegue a todas as familias, organizaremos reunións ao longo de toda a semana.

A distribución será a seguinte:

          LUNS 12   ás 19:00 horas                     INFANTIL

          MARTES 13     ás 19:00 horas              1º, 2º, 3º Primaria

          MÉRCORES 14  ás 19:00 horas            4º, 5º, 6º Primaria

          XOVES 15 ás 19:00 horas                    1º, 2º, 3º ESO

 

A temática de cada reunión é a mesma, polo que as familias que teñan máis dun fillo/a poden asistir o día que prefiran.

                    Debido á importancia dos asuntos a tratar, contamos coa súa asistencia e reciban un cordial saúdo.

DÍA DO LIBRO, 23 de abril

O 23 de abril celebrouse  o DÍA DO LIBRO.

 

descarga

4º da ESO foi convidado polo concello no Auditorio Municipal á representación da compañía UT-Tópico Teatro coa súa obra «Antiheroica».

Esta obra é unha peza de creación contemporánea onde se mesturan os xéneros dramáticos: a morte, a  herdanza, a  soidade e  o  tempo son algunhas das claves universais e eternas sobre as que se constrúe esta historia.

Ao remate da función, puidemos compartir con actores e directora unha charla para coñecer mellor o seu traballo.