Lembrámoslles que o vindeiro luns 7 de decembro e tamen o 16 de maio de 2016 , non serán lectivos, por ser os días solicitados polo Centro no comezo do curso, e autorizados pola Consellería, tal como recolle o calendario escolar do curso 2015-16.
Campañas de Nadal
Un centro educativo actual, comprometido e inmerso na realidade social, debe orientar parte do seu labor educativo á construción dunha sociedade máis xusta.
Este ano, como xa é costume, queremos animarvos a todos a participar en dous proxectos solidarios:
A Flor de Pascua: mercando una planta aportas a túa axuda a Cáritas. (Sor Rosario leva esta campaña).
A recollida de alimentos: poderase traer comida no perecedeira como lentellas, arroz, pasta, latas de conservas…para compartir estes alimentos coa xente que máis o necesita.
O periodo de recollida de alimentos, coa colaboración de «profesores, alumnos e pais», será desde o 1 de decembro ata o 18 do mesmo mes, desde as nove e media da mañá ata as 18:00 horas.
Moitas grazas a todos por participar.
Creative Cuisine
El día de Acción de Gracias es una fiesta que nos recuerda la fiesta de la cosecha, donde la gente daba gracias a Dios por tener comida para pasar el invierno. En el taller de Creative Cuisine quisimos hacer un homenaje a esta celebración anglosajona que se celebra cada último jueves del mes de noviembre, presentando el ingrediente básico de toda receta de Acción de Gracias de una manera diferente: el pavo.
CELEBRACIÓN DE SANTA CECILIA
O pasado venres tivo lugar no noso centro unha xornada moi especial. Con motivo da celebración do Día da Música, pais, mestres, alumnos e exalumnos, subiron ao escenario para facernos disfrutar cunha velada chea de aprendizaxe, sentimento e diversión.
Os nosos rapaces foron espectadores e protagonistas dunha sesión chea de sorpresas, onde algúns deles puideron demostrar as súas habilidades con instrumentos como a gaita, o trombón ou o saxo.
A tarde rematou cos nosos alumnos de 5º, 6º e Secundaria entoando o famoso tema de Alejandro Sanz “La música no se toca”, deixando ben presente que “Cando as verbas erran, a música fala”.
Moitas grazas a todos os que aportáchedes o voso gran de area para colaborar nesta tarefa.
Magosto no San Martiño
Con motivo da festividade de San Martiño celebramos o tradicional magosto na horta do noso cole. Durante a tarde participamos en diferentes xogos, asamos e comemos castañas disfrutando dos nosos compañeiros nunha tarde soleada. Que boas estaban!
Os nenos de infantil luciron sorrintes as manualidades que eles mesmos elaboraron na semana previa.
Fomentando a creatividade
Campaña SOS Sahara
Moitísimas grazas a todos os que colaborastes na campaña de axuda ao pobo saharauí tralas recentes inundacións nos campos de refuxiados.
Á comunidade educativa, mestres e alumnos, parabéns pola celeridade en atender esta chamada de urxencia. A Media Luna Saharaui xa ten ao seu dispor a colaboración do colexio A Milagrosa, e continúa no seu labor de asistencia á poboación afectada. En nome de SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí) e de todo o pobo saharauí: SHUKRAN!



























