THE CANTERVILLE GHOST AND DA VINCI

 

IMG_0060

Only an American family would buy an old English mansion with its very own ghost included, and what’s more, a ghost who cannot bear being made a fool of. The most ingenious of Oscar Wilde’s satires, adapted to your students’ level – the perfect comedy for bringing a paranormal touch to your English classes.

Os rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO disfrutamos dunha adaptación da obra de Oscar Wilde, en lingua inglesa.

Vela foi moi productivo porque comprobamos o noso nivel de inglés e pasamos un tempo ameno.

Logo pasámonos pola exposición de Leonardo Da Vinci, saboreámola no marco incomparable do mosteiro de San Martín Pinario.

IMG_0078IMG_0073

Os profesores actualízanse

A educación amóldase á sociedade e aos seus cambios. Vivimos nunha época na que as novas tecnoloxías están presentes en numerosos ámbitos da vida. As TIC tamén están presentes na educación, ben sendo utilizadas como medio para aprender as materias tradicionais, ben coma o obxectivo e fin para aprender delas.

É importante que exista esta formación do profesorado en robótica e novas tecnoloxías, xa que son os docentes quen teñen que transmitir aos alumnos estas competencias dixitais, tan importantes no presente e no futuro. Por iso, a pasada fin de semana na capital galega, as mestras de varias etapas educativas do centro asistiron a un curso de robótica como ferramenta para transmitir contidos.

IMG-20190309-WA00031IMG_8065IMG-20190309-WA00021

Luces, cámara, acción!!!

IMG_9911IMG_9706

IMG_9913

 

IMG_9919

 

Xa tivemos un avance en exclusiva,… e así foi, o mundo do cine centrou o entroido no noso colexio.

O pasado venres 1 pola tarde celebramos a gala de homenaxe ao mundo do cine. Pola alfombra vermella desfilaron as estrelas máis importantes da gran pantalla.
Estiveron presentes na cita as personaxes do mundo de Disney, do universo de Harry Potter, os actores da película Bohemian Rhapsody, a maioría dos Vengadores e un sin fin de disfraces máis. Escoitamos moitos estilos musicais, os máis populares do último século.
16e8d373-74a8-46ff-8e89-93819918449b746cd463-5e2b-4d89-a9b7-efefb903d8ff
Desfiles e coreografías de rock, disco, pop, zumba e distintas bandas sonoras… soaron nunha gala na que todos disfrutaron da diversidade do mundo do cine. E non hai gala do cine, sen entrega de estatuillas.
IMG_9909IMG_9912
Este ano premiáronse, o mellor disfrace individual ( María Muñiz de 5º que ía caracterizada de Freddie Mercury, nun dos dos seus videos musicais máis famosos), o mellor curso ( 5º de EP que representaban a película Bohemian Rhapsody) e o mellor grupo (4º ESO).
IMG_9868IMG_9876 IMG_9905
IMG_9950 IMG_9947 IMG_9876IMG_9951

Día Internacional da Muller

MUJERES
O alumnado de 2º da ESO levou a cabo un proxecto onde resaltaron o papel das mulleres ao longo da historia. Pero non de calquera muller, senón de galegas que deixaron e seguen deixando a súa pegada no mundo. Deste xeito os rapaces, seguindo os zapatos vermellos colocados polo centro, podían coñecer algunhas destas mulleres. Asemade, serviu para dar pé a realizar outras actividades noutros cursos e deixar constanza do seu traballo. Queres coñecelas? Non deixes de vir ao centro para ver a súa exposición e seguir as súas pegadas.
collage hd

 

Plan Lector en cooperativo

Neste trimestre o alumnado de 3º de ESO traballou a lectura  da novela «El cazador de estrellas» de Ricardo Gómez.

IMG_8004IMG_8002

Viaxamos ao deserto do Sahara,  coñecemos os costumes e tradicións do pobo saharauí como a cerimonia do té ou as tatuaxes con henna e entendemos as razóns polas que están exiliados fóra do seu país.

IMG_8007IMG_8006

En cooperativo traballamos os diferentes aspectos que os identifican como pobo e rematamos expoñendo uns murais na clase.

IMG_8001IMG_7999

Somos uns artistas e pasámolo xenial!

Pequenos biólogos 

 

DSC_0407DSC_0410
Ao longo desta unidade, os alumnos de sexto puidemos profundizar nos diferentes reinos naturais: moneras, protistas, fungos…
Asimesmo, prestamos moita atención aos diferentes tipos de células e á súa composición.
E como non podía ser doutro modo, que mellor forma que facendo unha visita ao laboratorio e botando man dos microscopios.
DSC_0408DSC_0406

Soci@l#Detectives

Cando os alumnos de sexto chegaron a clase atóparonse cunha sorpresa. Cada equipo, tiña unha caixa cun sobre ao seu nome.

DSC_0438DSC_0443
A través dunhas pistas, e observando detidamente os obxectos que alí se gardaban, debían ser quen de adiviñar que actividades económicas estaban representadas a través dos diferentes obxectos.
DSC_0426DSC_0421
Prestando atención ás diferentes exposicións dos compañeiros, debían tomar boa nota do exposto e deducir cal é o principal sector económico no noso país.
DSC_0428DSC_0423

O NOSO PATIO É INCLUSIVO

O curso de 6º de EP estivo estudando como deseñar un patio no que todos poidamos estar, xogar e divertirnos.
Esta proposta das profesoras vén a conto porque nos presentamos á 35° edición do Concurso da ONCE.
Empregamos as clases de plástica e reforzo lingüístico ( en grupos de cooperativo) para ver que lle gosta facer no recreo a cadaquén e logo deseñamos o noso patio inclusivo.
Esperamos ter sorte no concurso!
Aí están os nosos deseños.

IMG_0418

IMG_0420IMG_0419