SAÍDA CULTURAL SANTIAGO-CERCEDA

O alumnado de 1º e 2º ESO realizamos o pasado 20 de xuño unha visita cultural pola zona vella de Santiago de Compostela, na cal coa axuda dunha guía, descubrimos unha morea de curiosidades sobre os edificios máis antigos desta fermosa cidade. Logo deste recorrido acudimos ao parque acuático de Cerceda onde comemos e desfrutamos das atraccións mentres o tempo o permitiu.

Oratorio escolar

«Ao longo deste curso os alumnos de E.I acudieron ó Oratorio escolar como obxectivo principal do desenrolo das habilidades sociais,emocionais e espirituais dos menos desde pequenos. Alí van a coñecer mellor a Xesús e a aprender con El».

CreArte

CreArte

A arte é a expresión dos máis profundos sentimentos polo camiño máis sinxelo, Albert Einstein.

Entre pinceis, cores e paletas chegamos ao remate dun curso escolar onde os nenos e nenas que formaron a aula de crearte experimentaron e desfrutaron coa arte e o proceso artístico.

Coñecemos diferentes técnicas, ferramentas e materias cos que puideron configurar as súas grandes obras nun ambiente de creatividade e respecto, valorando cada aportación e os sentimentos dos compañeiros.

TALLER DE ESCRITURA

Ao longo do 2º e 3º trimestre os alumn@s de 6º traballaron os diferentes tipos de textos nas materias de Lingua castelá e Galego.

Traballo interdisciplinar coa materia de Plástica onde elaboraron unha carpeta en papel maché.

RECICLAMOS

Hoxe, 13 de xuño, os alumnos do 3º ciclo de EP  participaron da festa de clausura do programa de EcoVoz onde os alumnos de 6º recolleron o premio polo seu traballo na categoría de “Economía Circular”.

 A elaboración de cuñas radiofónicas en diferentes  estilos: pareados, rap, adiviñas.. foron do agrado do xurado.

A concienciación á hora de reciclar, respectar  e manter o medio ambiente traballouse dende a materia de Valores cívicos e Lingua castelá.

PARQUE NATURAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLANTICAS

Os alumnos do 3º ciclo de primaria desfrutaron dunha xornada cargada de emocións.

Dous guías foron os encargados de dar coñecer a historia que gardan as illas, así como a fauna a e flora con  recursos medicinais durante o percorrido de dúas rutas.

O altar do druída, a pedra do monxe,o hotel para insectos,o faro… chamaron a atención dos alumnos.

E sobre todo a concienciación de coidar o medio natural.

TIC E CIBERSEGURIDADE

Grazas ao «Plan  Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e a súa contorna», que oferta a Consellería de Educación en colaboración coa Policía Nacional; os alumnos de 1º ciclo da ESO coñeceron da man de PILAR  FERNÁNDEZ BANDÍN (Policía Nacional) temas de actualidade coma os riscos das compras por internet,  bloqueo de ventás emerxentes, fraude  e usurpaciòn de identidad, os perigos de tiktok, instagram… e á necesidade de establecer un control parental no uso dos diferentes dispositivos.