O alumnado de 1 e 2 ESO desfrutou dun magnífico día no centro de conservación de Marcelle, alí, acompañados polos guías, coñecemos moitas curiosidades de cada animal e como é a sús vida tanto en liberdade coma no centro.


Un ano máis os alumnos de primaria e ESO participaron na campaña de Mans Unidas cunha andaina ata o Dolmen de Axeitos. Unha tarde de convivencia co obxectivo de concienciar ao alumnado de colaborar con aqueles que máis o necesitan. O alumnado do 1ª ciclo de primaria participou da mesma actividade na horta do colexio.


Un ano máis conmemoramos o Día Internacional da Muller.Este ano pensamos que tiñamos que atopar mulleres encargadas do “Coidado”, valor que traballamos neste curso. Centrámonos no ámbito sanitario e o coidado dos maiores. As nosas convidadas especiais foron nais dos nosos alumnos que desempeñan día a día un labor tan entrañábel.

Hoxe asistimos ao auditorio para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller.
Participamos nunha proposta escénica adaptada á súa idade, onde abordaron as desigualdades no deporte e promoveron valores fundamentais como a igualdade, o respecto e o traballo en equipo.
Foi unha experiencia enriquecedora que nos invitou a reflexionar e a seguir construíndo unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Xa se pode consultar a información sobre o proceso de admisión para o vindeiro curso 2026-27 no apartado ADMISIÓN ALUMNOS.