Mañá, 9 de maio, toda a familia Vicenciana celebramos unha festividade moi especial: a festa de Santa Luisa de Marillac. Xuntos festexamos con ledicia e con agradecemento a figura desta muller excepcional e comprometida, que nos deixou un importante legado: axudar aos máis pobres.
Unha tarde de lecer,alegría,deporte e solidariedade inundaron o noso patio e arredores. Dende a EI cos seus triciclos e patinetes, pasando polas carreiras e circuítos de EP para rematar cos alumnos da ESO no cume do monte Tahúme ben en bicicleta ben coa ruta de senderismo alzamos as nosas voces contra a guerra na infancia . A máis sincera e ben merecida felicitación a Uxía e Paula, alumnas de 4º da ESO por ser as primeiras en realizar a ruta en bicicleta.
A empatía, compromiso e movilización dos nosos alumnos conseguirán devolver a esperanza que perderon miles de nenos e nenas que viven en conflito.
Maestra, contadora de historias,compañera de mi vidami adivina favorita GRACIASpor darme seguridad con tus abrazos,y saltar los charcos conmigo.Tu paciencia es infinitaY luchas incansable por un mundo mejor.Consigues dar luz a los días más grises¡Siempre tienes razón!Gracias por tus “te lo dije” y “ya lo entenderás”y por acompañarme.El amor más incondicional ¡Feliz día mamá!
O alumnado de Educación Infantil adentouse no mundo dos contos desfrutando do apadriñamento lector dos alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria, mentres que o alumnado da ESO preparou unha exposición para celebrar esta data e como mostra expuxeron os traballos feitos durante o Plan Lector.
1º de ESO presentou “ A caixa das estrelas” baseada na novela de Ricardo Gómez, O cazador de estrelas e os murais do Chamádeme Simbad de Francisco Castro.
Os lapbooks e muráis de 2º e 3º da ESO baseáronse nas lecturas Cartas de Inverno de Agustín Fernández Paz e Un loto na neve, de Gonzalo Moure.
Amosaron aos compañeiros tamén os traballos do PROXECTO ANTROIDO realizado por 1º e 2º da ESO.
A lectura achéganos a un mundo de coñecementos, enriquécenos como persoas e forma parte xa das nosas vidas.
Ao longo destas semanas, os alumnos de 6º levamos a cabo unha viaxe moi interesante pola xeografía europea.
Antes de tomar rumbo, preparamos a nosa maleta e a documentación necesaria para voar libremente. Fixemos o noso carné de identidade e pasaporte, e solicitamos un billete de avión co destino selecionado por cada alumno.
Coa seleción de cada país feita, cada alumno pescudou información sobre o clima, a capital, os principais monumentos, pratos típicos… Máis tarde, organizaron os datos e presentáronos nunha exposición oral aos seus compañeiros. Estes, tomaron datos de toda a información que iban escoitando no seu pasaporte, e antes de viaxar ao seguinte país, pasaron por aduanas a selar o seu pasaporte.
A información aportada polos compañeiros, permitiunos coñecer a cultura doutros países veciños, disfrutar dos monumentos máis interesantes e dos pratos máis deliciosos, ao son da música tradicional de cada país.
O alumnado de 1º de ESO estivo a traballar nun proxecto chamado “Ola, futuro!”.
Escribimos cartas nas que nos facemos preguntas, amosamos os nosos desexos e as nosas inquedanzas. Pensamos nos nosos amigos, familia, profes… nelas reflexionamos sobre o que nos depara o tempo e para iso agardaremos a 4º de ESO para volver a abrilas, coa ilusión de que os nosos soños alomenos se cumpriran en parte. Temos a esperanza de ter aprendido moito, na escola e na vida. E ti, que lle dirías ao teu “EU” do futuro?
Os alumnos de 2º de primaria realizaron un pequeno proxecto onde recolleron os apectos que identifican a nosa comunidade : a lingua, a tradición, a gastronomía, os monumentos, escritores…
Dende hai uns días, os alumnos de 5º de Primaria vimos embarcados nunha nova aventura: Proxecto A NASA.
Á nosa chegada á aula, un cartel dábanos aviso de que esta se transformara nunha zona de paso restrinxido á que só os Inxenieiros Aeroespaciais máis cualificados teñen acceso.
Tras este primeiro recibimento, cada alumno recibiu unha credencial que lle permitirá acceder a estas prestixiosas instalacións e iniciar así, o seu período de formación na mesma.
Durante o tempo de prácticas, os alumnos foron amosando os seus coñecementos previos sobre o espazo e plantexando as dúbidas e incógnitas que lle rondaban pola cabeza.
Na primeira tarefa, puxéronse mans á obra e pescudaron datos sobre as estrelas e as constelacións. Cada un elixiu e diseñou a constelación que máis lle gustou.
Os resultados e a implicación no traballo foron ESTELARES!!
O alumnado de 5° e 6° de educación Infantil e 1° e 2° de educación Primaria asistiu ao Auditorio Municipal de Ribeira coa finalidade de traballar a inclusión nas aulas e sensibilizalos sobre a discapacidade intelectual. Visionamos a película Valentina, galardoada nesta última edición cun premio Goya. Valentina está cansa de ser unha nena con síndrome de Down convencida de que é o motivo polo cal nunca poderá alcanzar o seu soño: ser trapecista. Pero nunha viaxe máxica co seu amigo Chiqui vai permitir descubrir que é moi especial e que, como ben di a súa avoa, nunca debe de perder a ilusión e as ganas de aprender.
Que ben o pasamos! Tiñamos moitas ganiñas de ir de excursión, esperemos que esta sexa a primeira de moitas máis!
Os alumnos de 2º tiveron a sorte de sacar unha foto coa directora da película Chelo Loureiro.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.