Hoxe é o día de Rosalía. Desde o 2º ciclo da ESO queremos formar parte da homenaxe á nosa poeta universal. A raíz da proposta da Asociación de Escritores en Lingua Galega elaboramos o seguinte traballo.
A todos e todas Feliz Día de Rosalía!!!
Hoxe é o día de Rosalía. Desde o 2º ciclo da ESO queremos formar parte da homenaxe á nosa poeta universal. A raíz da proposta da Asociación de Escritores en Lingua Galega elaboramos o seguinte traballo.
A todos e todas Feliz Día de Rosalía!!!
O día 2 de Febreiro, o curso de 4º de Educación Primaria fomos invitados a asistir a unha xornada cultural no CIELGA (Centro de Interpretación dos Ecosistemas dos Litorais de Galicia) co gallo da conmemoración do Día Mundial dos Humedais.
No mesmo centro asistimos a unha charla didáctica sobre a importancia dos humedais e aprendemos a recoñecer os diferentes tipos de especies de fauna e flora dos nosos litorais. A continuación ensináronnos tamén distintos tipos de pegadas, cunchas,…. así coma aparellos de pesca de antano ata os nosos días.
Para rematar a xornada, invitáronnos a realizar unha pequena ruta de senderismo ata a praia do Vilar.
A pasada semana deu comezo unha vez máis como cada mes de xaneiro a Liga da Paz.
Os partidos celebráronse nos recreos de Primaria e Secundaria. Teñen tanto valor os goles coma o bo comportamento no campo, xa que tentamos facer deporte e ao mesmo tempo dar exemplo de xogo limpo. Esta é unha das actividades que xenera máis expectación porque todos queremos gañar!
Aquí quedan os resultados:
Campións Liga en Primaria: 5º E.P.
Campións Liga Masculina en Secundaria: 3º ESO
Campionas Liga Feminina en Secundaria: 3º ESO
Todos os anos, o 30 de xaneiro, dámonos cita para concienciar aos nosos alumn@s da importancia de vivir nun mundo sen violencia.
As nosas aulas están cheas de futuras promesas pola paz. Onde o respecto e o diálogo serán os piares da sociedade futura.
Na celebración todos cantamos unha das cancións máis emblemáticas dos 60´s «Blowing in the wind». Logo lemos o manifesto de cada etapa.
A continuación entregáronse os diplomas dos gañadores da «Liga da Paz» e
premiouse ao alumn@ máis conciliador de cada clase.
Rematamos a tarde coa solta de pombas por parte dos rapaces que chegaron este ano ao colexio. Foi un día ben especial!
Despois de ler e traballar o libro de Marcos Calveiro «O carteiro de Bagdad», os rapaces e rapazas de 5º de Primaria tivemos a oportunidade de coñecer ó autor desta obra. Explicounos a situación da guerra en Irak, o porqué do libro e respondeu a moitas preguntas e inquedanzas nosas. Pasámolo xenial!
O noso Belén recibiu o 1º premio no IV certame de Beléns organizado pola Revista Diocesana » Barca de Santiago». Foi creado por Sor Francisca Varela e gañou na categoría de Colexios.
O premio foi entregado polo Arcebispo D. Julián Barrio na Eucaristía da Familia celebrada o 28 de decembro na Catedral de Santiago. Alí estivo para recollelo a nosa Orientadora Lily Rama.
Aquí tendes o enlace á web da revista:
http://revistadiocesana.blogspot.com.es/2014/12/ganadores-del-iv-certamen-de-belenes.html
Na tarde de onte foron seleccionadas as postais de Nadal premiadas no concurso que cada ano nestas datas propoñemos desde o centro. O xurado valorou a súa creatividade, orixinalidade e motivo relixioso. Podedes velas no corredor de Primaria, moi preto do noso Belén.
Noraboa aos nosos artistas!!!
Maeve Rey E.I.
Uxía Casais 3º E.P.
Uxía Cánibe 5º E.P.