A actualidade chega as nosas aulas a través do xornal e de xeito cooperativo analizamos as noticias. Todos os puntos de vista nos axudan a ampliar novos horizontes.
Noticias
Botando unha ollada atrás…
Parece imposible, pero sin darnos conta xa ai aló un mes daquel primeiro día de clase.
Moitos atopábanse inquedos, outros adurmiñados, pero todas as súas caras amosaban un ápice de ilusión por aquel curso que estaba a piques de comezar.
Estas imaxes permítennos rememorar un primeiro día cheo de esperanzas e de propósitos que esperamos se vexan cumplidos en cada un dos nosos alumnos.








19 de outubro
Taller «Creative cuisine»
WELCOME STACIE!!
A Escola Creativa que Queremos
As historias son unha fonte inesgotable de imaxinación e creatividade, que permite ao neno abrir a súa mente a paraxes e aventuras insospeitadas. Por esta razón, cada titora buscou un conto que decorase a súa porta e que invitase aos seus alumn@s a formar parte dun entorno de creatividade e cooperación.
Deste xeito, as nosas portas e corredores, convertéronse nesas páxinas vivas que queren facer da lectura un placer para @s nen@s.
Ao longo deste ano, pretenderemos favorecer ese clima de orixinalidade e innovación que permita aos alumnos afrontar riscos e ser quen de innovar ante as dificultades que se presenten.
Para iso, contamos coa colaboración de todo profesorado, que dende as distintas materias e enfoques irá implicando o conto correspondente no noso día a día, e axudándonos a velo con outros ollos.
“El amor es creativo hasta el infinito”. San Vicente de Paúl.
Este luns 28 de setembro, celebramos a festividade de San Vicente de Paúl. Quixemos facelo lembrando esta frase que el pronunciou.
A Educación Infantil visitou a capela do colexio e realizou diferentes actividades para traballar a vida de San Vicente.
A Educación Primaria realizou unha celebración na capela do colexio, na cal todos os cursos presentaron un símbolo do traballado nestas xornadas (Creatividade) e un compromiso para este curso.
REUNIÓNS FAMILIAS-TITORES
A programación das reunións das familias coas titoras na vindeira semana é a seguinte:
LUNS 5 OUTUBRO: 5º E 6º de EP, 3º,4º ESO HORA: 18:00
MÉRCORES 7 OUTUBRO: 1º,2º de EP, 1º, 2º ESO HORA: 18:00
XOVES 8 OUTUBRO: INFANTIL 18:30,E 3º, 4º de EP HORA: 18:00
Novo curso escolar
A toda a comunidade educativa do colexio A Milagrosa:
E xa botamos a andar un novo curso, polo que queremos darvos a benvida a todos e todas. Que as nosas ilusións e forzas nos axuden a cumprir os obxectivos, que o curso que agora comezamos nos prepare no camiño de aprender, que o exemplo de San Vicente e Santa Luísa nos acompañe sempre.
Feliz curso 2015-2016!
Fernando Pessoa.
HORARIO CURSO
O vindeiro xoves 1 de Outubro, comezará a xornada completa , polo tanto a hora de entrada será ás 9:30.
Os rapaces usuarios do transporte escolar deberán estar nas paradas 30 min mais tarde do habitual.






































