Aberta a convocatoria de axudas, fondo e material escolar para o vindeiro curso 2018-19. Poden consultar a información na lapela AXUDAS LIBROS.
Autor: Administrador
Visita á Residencia do Maior
«O corazón, como as cousas que se saben, como os cartos que se gañan, soamente serven para algo se se comparten cos demais»
Mª Victoria Moreno
E 4º de ESO non quixo deixar de celebrar o Día das Letras cunha visita a Ribeira para compartir o noso labor cos maiores da Residencia de anciáns.
Ao longo dunha hora charlamos con eles, algúns deles contáronnos de onde son e como foi a súa vida, ata coñecían a algunhas das nosas familias porque foron veciños! Lémoslles textos da autora homenaxeada, e agasallámolos cunhas letras marcapáxinas. Foi moi emocionante compartir una anaco do noso tempo con eles, que teñen tantas cousas que nos ensinar.
E como remate, nesta semana tamén elaboramos o audiovisual que vos deixamos a seguir.
3º de ESO nas Letras Galegas
Esta semana tivemos traballo a fartar. En grupos puxémonos a investigar sobre a orixe desta celebración festiva do 17 de maio e mais sobre a vida e obra da autora homenaxeada: Mª Victoria Moreno. Cando nos quixemos dar conta xa tiñamos o día enriba, así que decidimos compartir o que sabiamos cos máis pequenos do colexio, co alumnado de Infantil. Preparamos un vídeo e agasallámolos cuns globos brancos e azuis, lembrando así as cores da nosa bandeira. Estas son algúns dos momentos desta mañá e tamén vos deixamos o vídeo.
Agardamos que vos preste!
Os demais grupos de 3º de ESO visitamos as clases de Primaria, falamos con eles, vimos algún vídeo e xogamos a ver quen sabe máis das letras… Foi moi enriquecedor para todos.
Letras Galegas
Mes de maio
Día da Nai
Mª Victoria Moreno e as Letras Galegas
Día da Nai
Casa Grande de Xanceda
Como broche de ouro para rematar o mes de abril, os nenos/as do Primeiro Ciclo da Primaria tivemos unha saída cultural á Casa Grande de Xanceda. Alí fixemos unha ecovisita guiados por María e Isabel, que nos ensinaron os encantos e recunchos da enorme finca que alberga a Casa de Xanceda. Tamén visitamos as cortes, sala de muxir , a horta e o eco- zoo. O mellor de todo é que aprendemos a muxir a vaca Rosalía, que tivo moita paciencia con nós.




































