Flor da Dorna

Este ano na Feira da Educación, Cociña Creativa quixo tamén achegar aos máis pequenos a Festa da Dorna,  polo cal elaboraron  cos nenos e nenas que participaron, unha flor da Dorna moi doce. Grazas aos nenos e nenas por participar e facernos desfrutar durante a elaboración desta receita.

peñas                dornadorniña

Pascua

O mes de abril foi un mes moi atarefado para os nenos/as do Primeiro Ciclo da Primaria, xa que comezaron  o mes coa celebración da Pascua, e non o fixeron só na materia de Relixión Católica, senón que tamén a traballaron noutras materias transversais. Aquí temos unha pequena mostra do traballo realizado:

PITOIMG_20180420_180204IMG_20180410_171206IMG_20180405_122247IMG_20180410_171159

Traballando o cómic na aula

Dende a clase de Lingua traballamos o cómic ,abordando o tema do “ acoso  escolar”.
Quixemos compartir cos máis pequenos os nosos traballos e pór o noso gran de area para concienciar e sensibilizar da importancia do respecto para unha mellor convivencia no centro escolar.

1

2

23 de Abril

IMG_20180420_183612_660IMG_20180423_165708_517

O pracer de poder ler un libro  relaxadamente e dun xeito distendido xa pode facerse no CPR A Milagrosa, onde, co motivo de celebrar o Día Internacional do Libro, habilitáronse zonas de lectura e unha exposición de cómics, para fomentar este hábito tan enriquecedor, na entrada de primaria á vista de todos os membros do Centro Educativo.
IMG_20180424_115447_964IMG_20180424_115436_743IMG_20180423_165806_219

Contacontos na Feira de Educación

O pasado xoves 19 de abril e dentro da Feira da Educación, os alumnos do 1º ciclo da Primaria disfrutaron dunha sesión de contacontos no Auditorio Municipal chamada: «Pan e Chocolate». Desfrutaron dun conto que tiña como  tema o amor e a igualdade. Foi moi ameno, xa que foron partícipes da sesión en  diferentes momentos.

cacholícacholí 1

Visita ao Museo Etnográfico de Artes

O pasado mércores 18 de abril, os alumnos de 1º e 2º ciclo da Primaria visitaron o Museo Etnográfico de Artes, onde coa axuda de María e as mestras viaxaron ao pasado, vendo as diferentes salas que o museo ten adicadas aos oficios propios da zona. Alí experimentaron de primeira man como se facía o viño ou como vivían os seus antergos.

artes3

artes1artes

Ao rematar a visita disfrutaron do parque que está ao carón con xogos tradicionais coma o pilla-pilla ou o escondite.

artes4

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.