AS CARTAS DO FUTURO

Este trimestre estivemos a traballar en 1ºESO no proxecto chamado “Cartas ao
futuro”.
Adicamos unha tarde a escribirmos cartas que volveremos a ler cando esteamos en
4ºESO. Nelas, amosamos os nosos desexos e as nosas inquedanzas, falamos dos
nosos sentimientos, dos amigos, a familia, os profes… tamén imaxinamos que pasará
ao longo deste tempo coa ilusión de que os nosos soños se cumpran!
Queremos aprender moito, e non perdemos a esperanza de telo conseguido, na
escola e na vida.

INMERSOS NA LECTURA

Onte celebrouse o Día do Libro, é unha data moi especial que nos permite conmemorar o falecemento de dous grandes xenios da literatura universal: Miguel de Cervantes e William Shakespeare.

Ao longo de varias clases fóronse levando a cabo distintas actividades co obxectivo de fomentar o pracer pola lectura e despertar no noso alumnado a curiosidade por explorar outros mundos.

Os máis novos do cole elaboraron un marcapáxinas e desfrutaron da lectura do seu libro favorito, aproveitando o bo tempo destes días.

Na etapa de Primaria, realizáronse diferentes actividades que permitiron por en práctica a súa creatividade e expresión.

Foron diseñadores gráficos, creando a decoración dun poema de Juan Ramón Jiménez. Crearon contido elaborando cómics, poemas e minibooks en lingua extranxeira.

Os máis maiores, fixeron un certame literario de poesía, no cal, as mestras de linguas selecionaron as mellores obras, as cales foron galardoadas pola súa calidade e expresión artística.

Cada alumno regalou o seu poema acompañado dunha rosa a outro compañeiro, emulando así a festividade de San Jordi.

Ao finalizar a mañá, tivo lugar un acto conmemorativo, no que puidemos asistir ás obras realizadas polos compañeiros de primaria e secundaria, rematando así outro capítulo máis da nosa andaina por este cole.

SAVE THE CHILDREN

Un ano máis as tres etapas do colexio correron Kilòmetros de Solidariedade para axudar á infancia en territorios de guerra.
Os máis pequechos fixeron uso de patíns e bicicletas para facer o percorrido ,mentres os alumnos de primaria desfrutaron de  diferentes circuítos no patio do colexio.
Os alumnos da ESO botaron man das bicletas e dunha boa andaina para subir ao monte Tahúme, como vén sendo tradiciòn.
Un día esplendido cheo de boas sensaciòns e sobre todo de por o noso gran de area colaborando nesta tarea.

ENTRE CORRENTES

Ao longo deste mes, o alumnado de sexto desenrolou unha situación de aprendizaxe sobre a electricidade, os seus tipos e a importancia do seu uso diario. Tamén nos percatamos de que existen diferentes tipos de enerxía, renovables e non renovables, e das consecuencias que do seu uso se derivan.
Para rematar, levamos a cabo a construción dun circuito eléctrico en serie. Que emoción velo funcionar!!!

TRABALLANDO COAS MANS

Durante estas semanas, os alumnos de 2° de ESO levamos a cabo un traballo de investigación que nos permitiu afondar nas principais características da arte gótica. Establecemos unha comparativa coa arquitectura románica e fixemos unha escolla dos principais exemplos arquitectónicos.
Como peche desta actividade, escollemos e diseñamos o modelo que máis tarde plasmamos dentro dun arco oxival.