Campañas solidarias
Moitísimas grazas a todos e todas os que participastes na campaña en favor do Sáhara e poder facer posible unhas vacacións en paz para os pequenos refuxiados saharauís.
O nosos agradecemento tamén para os que acudistes á chamada de Cáritas coa recollida de roupa para nenos, e por suposto a toda a comunidade educativa e ó noso alumnado por facer posible un ano máis o Mercadillo Solidario.
AGORA TÓCANOS A NÓS
Despois de estudar na clase o tema da empresa e de ter a visita dunha empresaria moi emprendedora e perseverante, puxémonos man á obra.
Por grupos eliximos o nome da empresa que queríamos desenvolver e saíron grandes propostas, que quen sabe se o día de mañá, poderemos facer realidade.
“PYJ” Móbiles que funcionan, a prezos que ilusionan.
“ SWEET HOME” A casa do teus soños, fárase realidade.
“COOL CENTER” Centro comercial para xente “ cool “ Anuncio por radio.
“PAPIROVIZ” Zapatillas personalizadas a bo prezo.
“ GATETES E PERRETES “ Comida biolóxica“
DAIQUIBRA SPORTS “ Calquera deporte ao teu alcance. Mira o seu vídeo publicitario!
O APARATO DIXESTIVO
FEIRA DA EDUCACIÓN 2016
Campaña Cáritas
Dende o colexio queremos aportar o noso gran de area coas persoas necesitadas que están ao noso redor. Por eso queremos facernos eco da petición que Cáritas nos fixo para colaborar con eles: precisan roupa e calzado de nenos de entre 3- a 12 anos. Dámosvos a grazas de antemán por colaborar e facervos eco de ten urxente necesidade.
A recollida farase o luns 25 e o 26 de abril.
Programa «Vacacións en Paz»
O nosos centro colabora na campaña que acaba de presentar SOGAPS (Solidariedade Galega co pobo Saharauí) para facilitar a chegada dos nenos refuxiados no deserto nas vindeiras vacacións de verán a Galicia.
Entregaremos a cada rapaz un sobre con toda a información, que poderán devolver coa aportación que desexen, aos titores, ata o luns 25 de abril.
Coa nosa achega podemos axudar a que os nenos e nenas saharauís, saian durante dous meses das duras condicións de vida no deserto. Tamén podemos informarnos sobre o programa como familias de acollida, dirixíndonos aos teléfonos que aparecen na información ou ao Departamento de Servizos Sociais do concello.
Moitas grazas pola colaboración.
LISTAXE PROVISIONAL ADMISIÓN 2016-17
Xa se pode consultar a listaxe provisional de admisión de alumnos no apartado: ADMISIÓN DE ALUMNOS
Castelao Artista
O día das Artes galegas 2016 está adicado a Castelao.
Foi por iso, que 3º e 4º de ESO decidimos achegarnos a Pontevedra, para despois de estudar a figura do rianxeiro, poder desfrutar tamén da súa obra gráfica.
No Museo Provincial, onde está aberta ao público a exposición «Castelao Artista», uns guías comentaron e explicaron os debuxos, caricaturas, óleos… que o polifacético autor ten alí expostos.
E xa na rúa, desde o departamento de Normalización Lingüística do concello de Pontevedra, realizamos un percorrido polas rúas da zona vella, onde vimos os cruceiros, prazas, escudos e lugares relacionados coa obra de Daniel Castelao.
Foi un día fermoso, no que a chuvia nos acompañou ata que voltamos á casa.
























