A RITMO!

 

Dende que deu comezo o mes de xuño, as clases de Música de 2º de E.S.O. tomaron un xiro diferente.

Cada semana, a ritmo de zumba, ou de ballet galego, enfrascámonos no coñecemento e na prácticas de diferentes tipos de danzas.

_20160614_194114

Grazas á colaboración da profesora Sara Fernández (membro do grupo de ballet galego Aires de Dorna), os alumnos disfrutaron dunhas xornadas diferentes e únicas.

RUMBO A BAIONA

 

O 27 de maio, os alumnos de 3º e 4º de Primaria finalizaron o seu proxecto sobre Cristóbal Colón cunha saída a Baiona.

_20160527_201514

Alí, puideron coñecer de primeira man a recreación da carabela na que viaxou Martín Alonso Pinzón de volta a España, e as dificultades que xurdiron no seu regreso.

Ao chegar ao Museo da Navegación, continuamos afondando nas vicisitudes que aconteceron durante o descubrimento, e a importancia de Baiona no mesmo.

_20160614_200757_20160614_173126

Á hora do xantar, acompañounos o bo tempo e disfrutamos da paisaxe de Baiona dende o mirador da Virxe da Rocha.

_20160527_200658_20160529_000212

Antes de voltar á casa, fixemos unha pequena andaina arredor da Fortaleza de Monte Boi. Foi unha gran experiencia!

Party Craft

Chegamos ao final dun novo curso, e toca facer balance do traballado ao longo de todo este ano.

Botamos unha ollada atrás e presentámosvos algún dos traballos que os nosos nenos foron realizando na actividade de Party Craft.

O noso lapis                                                            As boliñas de ganchillo

  As boli+¦as de ganchillo       O noso lapis

Regalo do D+¡a da Nai

                                                     Agasallo do día da Nai

Estrela de ganchillo                                                                             Un Minion lapiseiro

Un minion lapiseiro

Estrela de ganchillo

SAÍDA CULTURAL A MADRID

PRIMEIRO DÍA:

Despois dunha agotadora viaxe en autobús e de repoñer forzas no hotel, visitamos o Museo do Prado. Alí disfrutamos dos cadros de Velázquez e contemplamos algunha pintura do Greco e de Rubens.

la fotoIMG_1237

Logo fixemos unha visita panorámica polo Madrid dos Austrias, rematámola cunha camiñata, xa que se xogaba a semifinal da Champions League entre o Manchester City e o Real Madrid e estaba imposible o tráfico. Rematamos ceando no Hard Rock Café.

IMG_1252

SEGUNDO DÍA:

Foi a xornada máis esperada estivemos no Parque de Atraccións. Disfrutamos da Tarántula, da casa do terror «Walking Dead», do Simulador de carreiras de coches, da caída libre,…

Ao chegar ao hotel amañámonos e dirixímonos á rúa do teatro vello Alcalá onde disfrutamos do musical SISTER ACT. Estivo sublime, fantástica a posta en escena, espectaculares as voces….

TERCEIRO DÍA:

Erguémonos cun mal día, polo que logo de almorzar dirixímonos a Astorga onde comemos e puidemos ver a Catredral de Santa María e o Palacio Episcopal.

IMG_1316

Estivemos de regreso en Oleiros á medianoite.

Celebración fin mes de maio

O pasado 31 de maio a etapa da Educación Primaria celebrou unha procesión na honra da Virxe.

DSCN0530DSCN0532

A procesión rematou cunha celebración na capela do colexio na que os nenos tiveron unha participación moi activa, cantando,recitando poesías e realizando promesas.

DSCN0544

DSCN0534

AVISO HORARIO XUÑO

O vindeiro mércores 1 de xuño, comezará a xornada única de mañá, polo tanto a hora de entrada será ás 9:00 e a de saída ás 13:50 (Os que solicitaron servizo de comedor sairán na hora acordada).
Os usuarios de transporte escolar deberán estar nas paradas 30 min antes do habitual.

Festivais xuño

 

A continuación presentamos as datas dos festivais de fin de curso:

 

 

DATA E HORA

 

LUGAR PARTICIPAN
 

 

VENRES 3 DE XUÑO   ás 18:30 horas

 

 

SALÓN DE ACTOS –       TEATRO (alumnos de diferentes cursos)

–       CORO (alumnos dende 3ºP ata 4º ESO)

–       GUITARRAS (alumnos dende 6ºP ata 4º ESO)

 

 

VENRES 10 de xuño ás 18:30 horas

 

 

PATIO DO COLE –       ALUMNOS DE INFANTIL

–       ALUMNOS DE PRIMARIA

–       COREOGRAFÍAS

 

 

Contamos coa súa presenza e esperamos que disfruten dos  festivais. Reciban un cordial sáudo.

 

 

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.