EN FORMACIÓN

 

IMG_20200208_110219
Durante a fin de semana, un grupo de profesores asistimos a un curso de formación sobre avaliación auténtica.
Dun xeito moi dinámico, presentóusenos un rico abano de ferramentas e recursos que nos permitirán ceder o protagonismo ao alumnado, sendo quen de autoavaliar e coavaliar os seus progresos.

RESPONSABLES DA NOSA APRENDIZAXE

IMG_20200212_122326
A educación de hoxe en día implica participación activa por parte do alumnado. Grazas ás actividades que levamos a cabo en Cooperativo, tanto en Ed. Primaria como en Secundaria, o alumnado convírtese en protagonista dos seu proceso de ensino-aprendizaxe.
En colaboración cos seus compañeiros, síntense motivados e responsables das tarefas que levan a cabo, e tanto nun traballo como nunha simple actividade diaria, poñen a proba as súas competencias.
IMG_20200212_122348
IMG_20200130_104436

XANEIRO SOLIDARIO

As pombas e os corazóns estiveron ao longo deste mes engalanando o noso centro e acompañando as diferentes actividades realizadas por mestres e alumnos.
fb748de3-1805-4d2f-b337-e4c56e42745278172f99-7f44-4300-8a7d-f2811e38c69d

Seguimos coa campaña de recollida de alimentos , este mes os encargados foron 1º e 2º de EP.
Disputáronse os partidos de fútbol  correspondentes á “Liga da Paz” onde se fomenta o xogo limpo, respecto ao equipo contrario e bo vocabulario.

image0image3

Un ano máis participamos na carreira solidaria “Save the children”.

a2fd588d-7378-4e7f-825c-0e4daa7cf53a (1)

Este ano a nosa colaboración servirá para axudar a etnia “Rohingya”, obrigados a fuxir do seu país de orixe e vivindo dende hai anos nos campamentos de refuxiados de Cox Bazar (Bangladesh).

Familias, alumnos e mestres colaboran en todas as actividades arredor desta carreira.

Os máis pequenos do colexio participaron nas carreiras de triciclos.

image4
Os alumnos de EP. disfrutaron cos diferentes circuítos organizados no polideportivo do colexio.

image5IMG_0877

Excursión a Padrón

Os alumn@s  de 5º e 6º de Primaria  o 5 de febreiro desfrutaron dunha saída cultural a Padrón  onde realizaron diferentes actividades.

543c4cfe-6b56-4465-a849-ac1f7322accd

Visitaron a Casa Museo de Rosalía de Castro e a Fundación Camilo José Cela, onde un guía lles explicou a vida e obra a grandes rasgos destes dous escritores galegos.

233175c7-93aa-4a66-acb6-cb8fdb0dd3b5IMG_1574

Pola tarde estiveron en “Galipark” onde puideron desfrutar da natureza  cunha agradable comida cos compañeir@s e posteriormente leváronse a cabo diferentes actividades de escalada, sempre guiados por monitores.

IMG_1503IMG_1501

IMG_1499IMG_1487

Os rapaces e as mestras que os acompañaron  viñeron moi contentos e satisfeitos pola boa actitude e aproveitamento tanto da actividade cultural coma lúdica.

Deporte intercentros

thumbnail_88F6C5266F8548DD8DE7AF097549C4F6

O pasado día 7 de febreiro o noso alumnado tivo a terceira xornada de deporte escolar no Polideportivo Municipal de Palmeira, onde desfrutaron de diferentes deportes xunto cos compañeiros e compañeiras do CEIPP de Palmeira. Un día máis, todos o pasaron en grande compartindo unha xornada de actividade físicana cal fixemos equipos mesturándonos cos compañeiros e compañeiras de Palmeira, fomentando deste xeito os verdadeiros valores do deporte. 

thumbnail_45F7336C90424DF3BFCB413D9F3918FBthumbnail_31E49404DD4A4D85BC54F07755B9B97A

O Xenio das Divisións!!! 

IMG_20200210_151018

Como todo bo xenio, Sergio demostrou o seu inxenio para superar de maneira satisfactoria a Competencia de Divisións.
Iso permitiulle facerse coa lámpada máxica que proba os seus dotes nesta materia.
Así de satisfeito se amosaba ao recoller o seu premio. Noraboa Sergio!
IMG_20200210_151049

Carné Máxico

IMG_20200203_153613

Paso a paso imos medrando en coñecementos dentro do Mundo Máxico, e iso permítenos ir obtendo diferentes obxectos que nos identifican como magos.
 A través desta tarxeta iremos superando novas probas que nos axudarán a acadar grandes recompensas para as nosas casas.

Prefectos 2020

Tras un longo período de debate, no que analizamos as cualidades e responsabilidades que un bosque prefecto debe ter, por fin podemos presentar aos catro representantes das diferentes casas de Hogwarts.
Eles serán os responsables de axudar aos mestres e compañeiros, para así acadar un mellor funcionamento do grupo.
IMG_20200130_164254

Na neve en Leitariegos

O alumnado de 3º e 4º da ESO tiveron una saída á estación de esquí de Leitariegos os días 27, 28 e 29 de xaneiro.

thumbnail_E3E6262916914512AF195CF942A07622

Durante a estancia puideron aprender a esquiar ou a facer snowboard cos monitores da estación e ademais visitaron o Centro de Interpretación del Urogallo.

thumbnail_F43F6370C02840C084E6DFC82762D570thumbnail_1DDEB25342764F8393F379CD41F624D9

Foron uns días moi intensos nos que o paxaron xenial aprendendo un novo deporte.

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.