Lembramos que o vindeiro venres 19, remata o prazo para solicitar as axudas-fondo dos libros correspondentes ao curso 2020-21. https://www.milagrosaoleiros.com/ayudas-libros/
GRAZAS FAMILIAS!
Dende o Equipo de Pastoral e en nome de todo o claustro de profesores, queremos expresar o noso agradecemento ao alumnado e ás súas familias polas aportacións na proposta feita dende o Equipo de Pastoral da Provincia: «Xuntos con María».

Para nós é un pracer contar coa vosa presenza para colaborar na tarefa educativa que nos compete en conxunto, fortalecendo e aumentando a confianza mutua que é indispensable na acción formativa.
Desexamos expresarvos a nosa gratitude pola colaboración e cooperación que tiveron nesta actividade e en tantas das actividades que se propoñen dende o colexio. Grazas por crear proxectos orixinais e dar sempre unha resposta positiva. Todo isto fai que o noso alumnado se enriqueza desa participación xenerosa, altruísta e fenomenal das familias. Para ver as creacións dos vos@s fill@s e @ dos nen@ da Provincia España Norte podedes pinchar neste enlace:https://es.padlet.com/EquipoPastoralEN/rvha9x6odyco79mz
DÍA SEN TABACO
Estes son os carteis elaborados polos nosos alumnos de 3º da ESO, despois do traballo relacionado co Día sen Tabaco.



LISTAXE PROVISIONAL ADMISIÓN
Xa pode consultar á listaxe provisional de admisión (alumnos de novo ingreso) para o curso 2020/21 no link correspondente: ADMISIÓN ALUMNOS
AXUDAS E FONDO LIBROS 2020-21

Aberta a convocatoria de axudas, fondo e material escolar para o vindeiro curso 2020-21. Poden consultar a información na lapela AXUDAS LIBROS.
FIN REPARTO DE LIBROS CONFINAMENTO
O pasado mércores 22 de abril, rematouse coa entrega de libros e material escolar dos alumnos. Desde o colexio queremos agradecer ao Concello de Ribeira, aos membros do GAEM, e voluntarios de Protección Civil polo laborioso traballo de realizado.
MOITAS GRAZAS!!


Despois da longa tarefa realizada polo profesorado, consistente en xuntar os libros de todos os cursos e clasificalos según as distintas parroquias, os membros do GAEM e voluntarios de Protección Civil, procederon ao seu reparto polas distintas parroquias e concellos.

Os nenos tamén estaban agradecidos.
APOIO EMOCIONAL CONFINAMENTO
O Instituto de Mediación Educativa de Ribeira (IMER) presenta un programa de apoio emocional para afrontar o confinamento para estudiantes da ESO, FP, FP BÁSICA E BACHARELATO de Ribeira. https://www.milagrosaoleiros.com/wp-content/uploads/2020/04/CARTEL-IMER-Intervención-COVID-19.pdf
AVISO ADMISIÓN ALUMNOS
Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.
Recomendamos a presentación por vía telemática a través do enlace www.edu.xunta.es/admisionalumnado
AVISO MEDIDAS EXTRAORDINARIAS
- Desde o luns 16, e durante 14 días, o profesorado (de primaria e ESO) irá programando actividades das súas áreas a través da plataforma EDUCAMOS. Estas actividades estarán dispoñibles na casilla horaria correspondente ou a través do correo asignado á conta de usuario.
- As actividades propostas serán de repaso, non se avanzará en contidos novos.
- As familias que non teñen acceso a EDUCAMOS disporán dun acceso temporal no período que dure a suspensión das clases.
- O centro cargará en conta a metade do custo dos servizos de pago mensual: Comedor e hora extraescolar. Dende ACTIVA tamén nos informan de que no vindeiro mes recalcularán a cota para compensar a suspensión das clases.
AVISO SUSPENSIÓN CLASES
Comunicamos que se suspenden as actividades lectivas desde o vindeiro luns 16/03/20. Mañá, venres, será opcional a asistencia ás clases, pero o recomendable, segundo a información que nos trasladaron desde a Consellería, é que as familias non envíen aos alumnos ós centros educativos.
Neste periodo de inactividade escolar, informaremos da data a partires da cal se retomarán as clases, por medio da plataforma educativa e da web.
Co restablecemento da actividade lectiva, procederemos á modificación das datas dos exames da 2ª avaliación e, tamén, das novas sesións de avaliación.
Apelamos a responsabilidade individual polo ben de todos.
O centro seguirá aberto para tarefas administrativas (recollida de documentación de admisión de alumnos, certificados …)