Os alumnos de 2º de primaria realizaron un pequeno proxecto onde recolleron os apectos que identifican a nosa comunidade : a lingua, a tradición, a gastronomía, os monumentos, escritores…


Dende hai uns días, os alumnos de 5º de Primaria vimos embarcados nunha nova aventura: Proxecto A NASA.
Á nosa chegada á aula, un cartel dábanos aviso de que esta se transformara nunha zona de paso restrinxido á que só os Inxenieiros Aeroespaciais máis cualificados teñen acceso.
Tras este primeiro recibimento, cada alumno recibiu unha credencial que lle permitirá acceder a estas prestixiosas instalacións e iniciar así, o seu período de formación na mesma.
Durante o tempo de prácticas, os alumnos foron amosando os seus coñecementos previos sobre o espazo e plantexando as dúbidas e incógnitas que lle rondaban pola cabeza.
Na primeira tarefa, puxéronse mans á obra e pescudaron datos sobre as estrelas e as constelacións. Cada un elixiu e diseñou a constelación que máis lle gustou.
Os resultados e a implicación no traballo foron ESTELARES!!
O alumnado de 5° e 6° de educación Infantil e 1° e 2° de educación Primaria asistiu ao Auditorio Municipal de Ribeira coa finalidade de traballar a inclusión nas aulas e sensibilizalos sobre a discapacidade intelectual. Visionamos a película Valentina, galardoada nesta última edición cun premio Goya.
Valentina está cansa de ser unha nena con síndrome de Down convencida de que é o motivo polo cal nunca poderá alcanzar o seu soño: ser trapecista. Pero nunha viaxe máxica co seu amigo Chiqui vai permitir descubrir que é moi especial e que, como ben di a súa avoa, nunca debe de perder a ilusión e as ganas de aprender.
Que ben o pasamos! Tiñamos moitas ganiñas de ir de excursión, esperemos que esta sexa a primeira de moitas máis!
Os alumnos de cuarto de primaria realizaron o proxecto “Coñece o teu entorno” onde cada alumnos investigou sobre o máis representativo do lugar onde vivía . Realizaron pequenos trípticos onde animaban aos visitantes a coñecer o máis emblemático da zona e ao mesmo tempo sentíndose orgullosos do seu concello.
Despois de 2 anos retomamos a actividade do bocata solidario no parque do Dolmen de Axeitos. Unha camiñata onte a solidariedade é a nosa bandeira, e desfrutar cos nosos compañeiros o noso obxectivo.
Xogos, risas e contacto coa natureza fainos estar presentes e que a nosa indiferenza non os condene ao esquecemento.
Os alumnos e alumnas de 5º de Primaria participaron esta semana nunha dinámica sobre o acoso escolar. A través dela, reflexionaron sobre as situacións que viven a miúdo aqueles compañeiros que non son ben aceptados polo seu grupo de iguais.
Puxéronse en común as experiencias de cada un e expresaron como se sentían cando lles toca estar na pel do que sofre insultos e desprezos. Tras isto, atrevéronse a decir tres cualidades dalguén da clase e reflexionaron sobre o ben que nos fai sentir oír cousas positivas sobre un mesmo.
Como di o proverbio: “Para levarse ben, non se necesitan as mesmas ideas, necesítase o mesmo respecto”.
Co motivo da celebración do día da árbore do pasado luns, os alumnos de 4º da ESO aproveitaron a boa tarde primaveral para plantar unha das camelias cedidas pola concellería de parques e xardíns do Concello de Ribeira.
A horta do colexio segue medrando en especies arbóreas….. e en voluntarios nos seus coidados. Grazas rapaces!!