Na aula de 5º, continuamos co noso proxecto de Social sobre a NASA.
A través dunha chea de actividades, pescudamos sobre a estructura e características das distintas galaxias, facendo especial fincapé na nosa propia, a Vía Láctea. A partir desta investigación aventurámonos a deseñar, dun xeito plástico, os 3 tipos de galaxias.
Tamén traballamos, a través dunha actividade manual, as distintas fases da Lúa e puidemos identificar a fase correspondente á semana na que nos atopamos.
Ao longo destas semanas, os alumnos de 6º estiveron participando nunha actividade plástica que lles permitiu coñecer dun xeito lúdico a anatomía da célula animal, así como a función que cumpre cada un dos seus orgánulos.
Para asentar os contidos expicados, deseñamos un folleto no que debuxamos cada un dos orgánulos traballados e pescudamos a información correspondente á función que desempeñan.
E como non podía ser doutro xeito, rematamos a xornada poñendo en orde todo o que enlixamos.
Despois de tanto tempo sen saír, a oportunidade de coñecer unha das cidades máis importantes de Europa, foi o destino elixido por 3º e 4º da ESO para este fin de curso.
Xa antes de marchar estábamos revolucionados e emocionados, pois non era para menos: por fin iamos de excursión!
Así que o martes 10 de maio pola noite e ben puntuais, saímos coas nosas profes rumbo á capital. Desembarcamos o mércores xa para empezar a visita no Museo Nacional de Ciencias Naturais. Minerais, fósiles, dinosauros…Que interesante! Achegámonos ao Parque do Retiro para descansar, comer e coller forzas para vogar. Si! As barcas do Retiro foron o noso seguinte destino, que ben o pasamos! Pola tarde démoslle unha volta á cidade cun guía que nos levou ao Barrio das Letras e despois a dar unha volta en bus para coñecer os lugares máis emblemáticos: a praza de Cibeles, a Porta do Sol, A catedral da Almudena, o mercado de San Miguel…
O xoves visitamos o Mosteiro do Escorial, e ademais da arquitectura e anécdotas varias que nos contaron os guías, puidemos observar a obra de Afonso X o Sabio, o códice máis rico das Cantigas de Santa María está alí nunha exposición ao público. E dalí ao Museo do Prado: Velázquez, Goya, el Greco, Murillo… todo un mundo da arte que coñecer e descubrir. E como non, rematamos o día co musical Grease no novo Teatro Alcalá.
Para broche especial da nosa excursión pasamos o último día no Parque Warner: montañas rusas, cataratas salvaxes, e inventos varios que nos facían xirar e xirar… antes de regresar felices e contentos, de volta a casa.
Da nosa experiencia quedamos coa sensación gratificante de aprender tamén fóra da aula, de adquirir autonomía aínda que só sexan uns días e de cumprir coma un dos nosos compañeiros… “o segundo soño máis importante da miña vida”.
Por fin chegou o día! os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Infantil preparamos as nosas mochilas con ilusión, nervios e entusiasmo para realizar unha saída didáctica á granxa escola FervenzAventura. A granxa escola atópase emprazada nunha fermosa paisaxe natural, onde os verdes campos, as robustas árbores e os animais configuran os elementos clave para ofrecer unha gran aventura baseada na natureza, no respecto ao medio ambiente e aos seres vivos, na cooperación e na convivencia.
Alí, os nosos pequenos exploradores tiveron a oportunidade de converterse en panadeiros, facendo o seu propio pan; granxeiros, coidando e dando de comer aos animais; e agricultores, plantando leitugas, ao tempo que desfrutaban da natureza. Unha grata experiencia que, sen lugar a dúbidas, formará parte da nosa colección de recordos .
Cada 9 de maio, a Familia Vicenciana celebra a Luisa de Marillac, muller intelixente e decidida que iniciou a atención ao servizo aos máis pobres. Luisa é a cofundadora, xunto a Vicente de Paúl, da Compañía das Fillas da Caridade. Luisa é un fermoso exemplo de entrega incondicional ao próximo. Ela fixo realidade o seu soño, a misión que Deus lle encomendou: atender aos máis necesitados do seu tempo en Francia: nenos abandonados, enfermos, anciáns, persoas sen casa….. Por iso queremos ser portadores da súa labor, facendo que ela sexa o CORAZÓN do noso colexio.
A semana pasada tivo lugar a xa emblemática Liga da Paz. Como cada ano, o noso alumnado disputou diversos partidos reclamando a paz, non solo no xogo, tamén no mundo. Unha actividade na que se fomenta a deportividade e o compañeirismo.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.