Ligazón ao blog de Pastoral
OS NOSOS EXPERIMENTOS
DEPORTE ESCOLAR
O pasado día 23 de novembro o noso alumnado tivo a primeira xornada de deporte escolar no polideportivo municipal de A Fieiteira, onde desfrutaron de diferentes deportes xunto cos compañeiros e compañeiras do colexio Bayón. Un día máis, todos o pasaron en grande compartindo unha xornada de actividade física realizando diferentes deportes de equipo.




MAGOSTO
DEREITO A SABER
OUTONO
Pintado con cores laranxas, amarelas, vermellas, verdes e marróns chegou o outono. Os nenos e nenas de infantil descubrimos a nova estación coas súas peculiaridades. Paseamos pola horta do centro para identificar os cambios na contorna, que sorte a nosa!, creamos na aula o noso propio recanto do outono coa colaboración das familias, as cales sempre se amosan predispostas a participar, degustamos froitos típicos desta época e ata debullamos millo! Agardamos desfrutar de todo aquelo que o outono nos poida brindar!







SAMAÍN INFANTIL
A DIVERSIDADE
O SOL, A TERRA, A LÚA…
SAMAÍN 2022
E un ano máis chegou o Samaín, así que puxémonos mans á obra e esta semana, o alumnado de 1º de EP preparou unhas fermosas cabazas de papel, 2º , 3º e 4º de EP uns farolillos, e 5º e 6º EP decoramos con motivos terroríficos unas láminas con xices. 5º e 6º de EP e tamén a ESO participamos na actividade de escritura creativa: “Micropesadelos”. Contamos pequenas historias, contos e lendas que meten medo! Redactamos, pintamos e decoramos así de terrorífico o noso corredor, adicado a esta festa tradicional.
Que pasedes un feliz Samaín!



