SNOWBALL

Os alumnos de El e 1° ciclo de primaria participaron na representacion teatral Snowball.

Esta actividade forma parte das propostas levadas a cabo polo centro para impulsar a competencia lingüística  en inglés dos alumnos, 

 así como fomentar o gusto polo teatro como ferramenta didáctica. A representacion a cargo da compañía Face to Face foi acollida

con gran entusiasmo polo alumnado que participou activamente ao longo de toda a obra.

BASURALEZA

Os alumnos de primaria disfrutaron dun día espectacular de praia en contacto coa natureza.

O programa “Basuraleza” trata de concienciar  da importancia de manter limpa a praia e arredores.

Entre todos fixeron unha sondaxe dos residuos atopados  e o seu tempo de descomposición.

CARREIRA INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

O día 15 de febreiro realizouse no estadio municipal Julio Mato “Matito” a carreira intercomarcal de campo a través onde participou o alumnado do noso colexio clasificado na carreira de campo a través en Ribeira.

Desta volta volveron a conseguir uns moi bos resultados gañando a proba por equipos na categoría benxamín masculino composto por Breixo López Millares, Juan Pardavila González, Nicolás Millán Sampedro, Ángel Martínez Lijó, Telmo Martínez Vila e Xabi Fernández Otero. Na categoría infantil feminina  a alumna Lara Abelleira Gómez tamén se clasificou para a seguinte fase. Todos estes alumnos acudirán á proba da carreira provincial de campo a través que se realizará na cidade de Ferrol o 17 de marzo.

VIAXE A LEITARIEGOS 2023

Os días 7, 8, 9 e 10 de febreiro os alumnos da ESO desfrutaron duns inmellorables días no pobo de Villablino e na Estación de Esquí de Leitariegos. Alí tiveron clase de esquí con monitores, grazas aos cales aprenderon a desenvolverse neste medio tan novidoso para todos eles.

Tamén realizamos unha visita ao Centro de Interpretación do Urogallo, onde coñecemos un pouco máis esta especie en perigo de extinción, a vida do oso pardo e a flora autóctona do lugar.

Agradecemos dende o centro a implicación e o trato recibido dende o Albergue Superior Francisco Giner de los Ríos, onde dispuxemos de todas as comodidades e facilidades para desfrutar desta saída ao medio natural.

BIBLIOTECA

Os alumnos de 6º de primaria seràn os encargados de coidar e supervisar a “Biblioteca de recreo”, como alternativa aos xogos de patio.

Un espazo onde os alumnos poderán disfrutar de: xogos de mesa, crebacabezas, parchís, xadrez… lugar de reunión e esparcimento máis calmado.

DÍA DA PAZ

Como cada 30 de xaneiro reunímonos dende a etapa de infantil ata a ESO para conmemorar o día da non violencia.

Este ano levamos  na nosa MOCHILA DE PAZ todo aquilo que fai que a convivencia sexa máis doada e feliz

Os sinais de STOP e OBRIGACIÓN dirixían o camiño que debemos seguir  para conseguir os nosos obxectivos.

CPR PLURILINGÜE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.