SERES MITOLÓXICOS
Os alumnos de 3º da ESO que asisten a materia optativa de Cultura Clásica remataron o segundo trimestre expoñendo os seus proxectos referentes aos seres mitolóxicos que foron obxecto de traballo ao longo do mesmo. Ao longo dos meses de febreiro e marzo realizamos un estudio dos mitos, as súas orixes, a cultura e os elementos que os conforman, os cales lles fixeron descubrir aspectos descoñecidos dos seres que abundan na mitoloxía grega.

DEPORTE ESCOLAR
Hoxe,, venres 14, o noso alumnado tivo a segunda xornada de deporte escolar no polideportivo municipal de A Fieiteira, onde desfrutaron de diferentes deportes xunto cos compañeiros e compañeiras dos centros de Frións e Artes. Un día máis, todos o pasaron en grande compartindo unha xornada de actividade física realizando diferentes deportes de equipo.




XADREZ
Hoxe fíxose entrega de premios aos alumnos que participaron no torneo interno das clases de xadrez que participan na actividade complementaria que se desenvolve no horario de 14:00a 15:00h.
DÍA DO AUTISMO
O día 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo e dende o colexio démoslle visibilidade a través de diversas actividades.
Pola mañá os nenos e nenas visualizaron o vídeo da campaña deste ano https://youtu.be/9hYY7a-XUQ8, cantamos a canción https://www.youtube.com/watch?v=9hYY7a-XUQ8&feature=youtu.be e algúns dos alumnos que teñen este trastorno foron os encargados de achegar as súas emocións e coñecementos a todas as etapas do centro.
Pola tarde saímos ao patio para representar o símbolo infinito, ler un manifesto e gritar o lema CHAMÉLOLO POLO SEU NOME!

LANDSCAPES
SAVE THE CHILDREN
AQUOLOXÍA
A auga é un tesouro preciso para vivir que debemos coidar moi ben. O xoves 29, os alumnos de 1º a 3º de Educación Primaria tivemos a visita de Nati e o seu equipo de Aquoloxía; onde nos explicaron e nos pediron axuda para coidalo medio ambiente e promover hábitos para actuar sobre o cambio climático. Todo isto fixérono a través de vídeos e xogos interactivos e con experimentos onde observamos o ciclo da auga urbano, o seu tratamento para poder bebela e tamén nos deron consellos para aforrar no consumo da auga.
Convertémonos en expertos sobre o correcto uso da auga e, por iso, ganámonos un diploma.
Gracias equipo Aquoloxía!!

COMPOSICIÓN XIRATORIA
Os alumnos de 2º de ESO puxeron en práctica todos os contidos traballados ata o momento na aula de Música a través dunha sinxela composición.
En grupos de cooperativo, e mediante a estrutura do Folio xiratorio; fomos compoñendo unha sinxela melodía de 8 compases en escala de Do Maior. Para comprobar a evolución da mesma, botamos man dos carillóns e disfrutamos do son da nosa melodía. Despois de todos os medos iniciais, os resultados non estiveron tan mal… Quen sabe, habrá algún Mozart entre nós?


VIVENCIAS MATERNAS
Ao longo destas últimas semanas, os alumnos de 5º estivemos traballando o tema da reprodución. Entendendo as diferencias que existen entre homes e mulleres e o papel fundamental que xogan na creación dunha nova vida.
Convertidos en protagonistas da nosa propia aprendizaxe, levamos a cabo unha serie de entrevistas a unhas persoas moi importantes para nós: as nosas nais.
A posta en común foi tan interesante, que decidimos invitalas á aula, para así, poder coñecer de primeira man a súa experiencia durante o embarazo, o parto e os primeiros días como mamás. As anécdotas, risas e emocións; non faltaron, e nós sentímonos moi orgullosos de telas entre nós facéndonos partícipes dos seus recordos.
Como broche final, invitamos a Loli Martínez Romero, matrona de profesión; que nos ensinou de primeira man a labor que leva a cabo coas mulleres que chegan á súa consulta. Tamén nos explicou a importancia do vínculo emocional entre nai e fillo e axudounos a resolver todas as dúbidas que foron xurdindo ao longo da xornada.



