INTERIORIDADE

Puxemos a andar os talleres de interioridade cos máis pequenos.
Un momento de calma, de encontrarnos a nós mesmos, de poder reflexionar e  transmitir  boas sensacións que axudarán  a unha mellor convivencia e benestar persoal.
Estreamos o oratorio como un lugar de encontro con Xesús.

Carta aos Reis

Nestes días previos ao Nadal,  o alumnado de 1º e 2º de ESO, completou o seu proxecto de trimestre escribindo unhas orixinais cartas ás súas maxestades de Oriente. 
Nas súas cartas non se pide nada material xa que as escribiron co corazón. Os mellores desexos de paz e empatía cos máis desfavorecidos, saúde para todos e unha morea de bos e fermosos desexos para todos os membros da comunidade educativa. 
Bo Nadal e que os Reis veñan cargadiños.

SAÍDA CULTURAL 1º E 2º ESO

Os cursos de 1º e 2º de ESO realizamos unha saída aos museos coruñeses da Casa das Ciencias, onde puidemos desfrutar do planetario e da súa sala de exposicións con múltiples utensilios para comprobar as leis da física; e ao Domus, onde vimos un documental sobre os corais do mundo e tamén coñecemos o corazón en profundidade cun taller de disección. O alumnado pasouno en grande. 

FLOORBALL

O alumnado de 2º de ESO fabricou un pau de floorball con materiais tan básicos coma un pau, cartón e cinta aislante. Tamén crearon unhas bolas, todo isto permitiranos practicar este deporte tan entretido. Bo traballo.