O venres 13 a choiva non impediu que alumnos e mestres desfrutásemos dunha tarde de magosto con diferentes xogos onde a castaña foi a protagonista, a música acompañou aos diferentes bailes e saboreamos deliciosas castañas quentiñas.
Unha tarde de outono moi agradable onde os alumnos maiores acompañaron aos máis pequenos.



