PRIMEIRO OBXECTIVO, ACADADO!
Chegamos a un punto importante no noso proxecto. Por fin rematamos o noso primeiro libro da saga, «A pedra filosofal», e como non podía ser doutro xeito, cada un recibiu un diploma polo logro acadado.
Segunda parada, A cámara secreta!!
Noticias
Visita da escritora An Alfaya
Dende o CPR A Milagrosa de Oleiros queremos darlle as grazas á autora do libro O aroma do liquidámbar, An Alfaya, pola súa presenza no noso centro, onde os rapaces de 5º e 6º de Primaria tiveron o pracer de coñecer de primeira man a importancia de traballar a creatividade e de implicarse na lectura facendo uso dos cinco sentidos, é dicir, ir máis aló do visionado de palabras para descubrir que a escritura é o mellor medio para transmitir e expresar sentimentos.
Asemade, a experiencia foi moi enriquecedora para os discentes, que non dubidaron en entrevistala para coñecer máis datos sobre a labor creadora da escritora e sobre as fontes que a inspiraron a redactar unha historia sobre a árbore do liquidámbar. Deste xeito, os rapaces e rapazas de primaria, puideron aprender a valorar a escritura como unha actividade lúdica e creativa que non debe agocharse nunca na clandestinidade.
O alumnado de 3º e 4º de ESO achegouse á obra da autora coa lectura do libro O ceo das enaguas, co que desfrutaron do xénero da novela de misterio. Aproveitaron o momento de charla coa escritora para aclarar feitos relevantes da acción ou mesmo para saber en que se inspirou para escribir o relato.
Finalmente, An Alfaya agradeceu aos nosos alumnos e alumnas o seu interese e o feito de compartir con ela a experiencia aportada, trala lectura das obras, a través da elaboración dun mural , rematando, así, a sesión coa firma dos exemplares dos libros.
Día Internacional da Muller
Dende o noso centro tamén nos sumamos a facer visible o traballo das mulleres.
Unha vez máis as nosas nais e avoas estiveron presentes neste día histórico , coas súas fotos empapelamos o noso colexio e destacamos o papel da muller a través da historia.
CONTÁRONNOS UN CONTO
APRENDIZAXE COOPERATIVA
No que vai de trimestre os nenos e nenas de 6º de infantil e de 1º de EP traballamos coa metodoloxía da Aprendizaxe Cooperativa, onde nós todos participamos contrastando as nosas ideas e tomando decisións consensuadas para poder avanzar na nosa aprendizaxe. Mostra diso, son as seguintes imaxes, onde coa dinámica da MALETA compartimos as nosas afeccións e gustos cos nosos compañeiros e compañeiras. Así puideron saber algo máis do que facemos no noso tempo de lecer.
A ASOCIACIÓN MARIOLA CONTA CON NÓS
Charla e Obradoiro coa Asociación A Creba
Enmarcado nas xornadas de sensibilización coas enfermidades mentais, os alumn@s de 4º da ESO asistimos a unha charla sobre este tema impartida pola psicóloga da asociación. Descubrimos que non estamos libres de sufrir unha enfermidade mental pero aprendemos que cun tratamento axeitado podemos facer vida normal.
Á semana seguinte os usuarios da asociación ensináronnos as técnicas que empregan para a elaboración dos seus productos feitos de coiro.
Esperamos asistir pronto a outro taller con eles, pero esta vez na Asociación.
Anímaste a participar no xaxún voluntario nesta Coresma?
Dende o colexio os nenos de 3º de Primaria ata 4º de Secundaria participamos coa campaña de Mans Unidas “Comparte o que importa” no día do xaxún voluntario. Camiñamos dende o centro ata o Dolmén de Axeitos, cambiando o noso prato de comida por un bocadillo xunto cunha pequena aportación de 3 euros.
Se todos intentamos colaborar, o cotiá encherase de: PAZ, CONFIANZA, ALEGRÍA E VIDA.
ADMISIÓN ALUMNADO 2018-19
Xa se pode consultar a información sobre o proceso de admisión para o vindeiro curso 2018-19 no apartado ADMISIÓN ALUMNOS.
Día de Rosalía
Como cada 24 de febreiro, o alumnado da ESO celebramos o aniversario da poeta coñecendo a súa biografía e a súa obra.
Desta vez, elaboramos un mural coas nosas creacións artísticas lembrando versos e poemas da autora. Participamos ademais na subida ás redes sociais ese mesmo día, do noso traballo, coa etiqueta #AbrideAFiestra.
Entre todos lembramos a actualidade da temática tratada por Rosalía, quen lle deu voz aos máis desfavorecidos, cantando pola liberdade e dignidade da terra que a viu nacer.


































