Os alumnos de EP asistiron á exhibición da Policía Nacional que se celebrou no complexo deportivo da Fieiteira.



Os alumnos puideron ver de primeira man como actúan as forzas do estado nos diferentes contextos nos que se require a súa actuación.
Xa temos no colexio a Cesta Solidaria de Fin de Curso!!! Este ano ten moitos agasallos: xogos, un balón de fútbol, queixo, marmelada, viño, chuches… Se queres participar, achégate a portería. Precisas 1€, elixes un número e anotas o nome d@ alumn@ e o seu curso. O sorteo terá lugar o día do Festival de Fin de curso. Os fondos recadados irán destinados aos proxectos misioneiros das Fillas da Caridade.
Non quedes sen participar!
O vindeiro luns 3 de xuño, comezará a xornada única de mañán, polo tanto a hora de entrada será ás 9:00 e a de saída ás 13:50 ( os que solicitaron servizo de comedor sairán na hora acordada). Os usuarios de transporte escolar deberán estar nas paradas 30 min antes do habitual.
O xoves 23 de maio os rapaces de 5º e 6º de Infantil fomos de visita ao acuario do Grove.
Alí disfrutamos vendo as distintas especies acuáticas e incluso puidemos tocar algúns coma o ourizo e a estrela de mar, e como curiosidade puidemos ver como un mergullador alimentaba e xogaba cos peixes coma se foran mascotas o que nos gustou moito e emocionou. Os nenos tamén participaron nun obradoiro de pesca que lles resultou moi entretido e educativo.
Como remate da excursión subimos ao tren turístico do Grove que nos levou a visitar a Illa da Toxa e disfrutar da súa bonita paisaxe.
Os alumn@s de 6º EP asistiron ao espectáculo «Canta miña pedra canta”, no marco das actividades programadas polo concello , para conmemorar o Día das Letras Galegas.
Os alumnos participaron no concurso literario con obras de poesía, narrativa e banda deseñada.

Lidia Brión foi a gañadora no xénero de banda deseñada.
Parabéns!
O 16 de maio celebramos o día das letras galegas, dedicado esta ano a Antón Fraguas. Foi unha representación «moi nosa», onde a cultura galega se fixo patente tanto na actuación dos alumnos como nos materiais e proxectos elaborados por eles e ensinados ao longo da obra. Queredes ver como vivimos nós ese día?
Pois para poder velo non tedes máis que pinchar na seguinte ligazón: