
O alumnado di non á VIOLENCIA DE XÉNERO


Os alumnos do derradeiro curso de primaria e os da etapa da ESO serán os encargados de concienciar a toda a comunidade educativa da importancia de seguir as normas contra a pandemia da COVID-19.
Todos os días na hora do recreo recordarán o que debemos facer baixo o lema “ Sentidiño na escola”.



A quen vai dirixido?
O alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que, de acordo coa Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2020/21:
1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.
2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:
a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.
A etapa de primaria comezou un proxecto educativo para a preparaciòn dos nosos/as alumnos/as en superheroes.
Este ano máis que nunca están demostrando as súas boas cualidades para facer fronte a toda situaciòn que se lles poña diante.
Terán que esforzarse en mellorar de forma individual e en grupo coa consecuciòn de puntos para toda a clase.








A cor laranxa invadiu corredores e aulas para festexar esta festa de orixe celta .
As historias , persoaxes e cancións de terror estiveron durante esta semana presentes nas nosas actividades.










Con motivo da festividade de Todos os Santos, o alumnado de educación primaria realizou unha tarefa de investigación para coñecer mellor ao santo ou santa do seu nome. Desta volta o alumnado de 5º e 6º atoparon fermosas imaxes e tamén o significado da simboloxía presente nelas.
Noraboa polo voso esforzo.


Alguna vez te sentiches invisible?
Alguna vez te sentiches pequeno? Indiferente?
Ao longo da semana dedicada á sensibilización co TDAH reflexionamos e lembramos que:
Cada neno é diferente
Cada neno é especial
Cada neno é único!




Por iso, continuaremos investigando as dimensión positivas das persoas para así descubrir Talentos Extraordinarios.
Este ano tocounos ser máis responsables que nunca e estámolo facendo moi ben. Todos nos felicitan porque mantemos as distancias xogando, merendando e aprendendo, e iso fai que esteamos contentos.







Un ano máis no mes de outubro comezou o acompañamento do auxiliar de conversa aos profesores de Lingua estranxeira e da materia de Science.
Jonny Clark, procedente de escocia, impartirá tamen na hora extraescolar as clases de conversa dende 6º de E.P. ata 4º da ESO
Este ano como novidade incorporaranse a esta actividade os alumnos de 6º de E.I.

O día 19 de outubro achegamos á nosa memoria a todas aquelas mulleres cheas de coraxe, valentía e esperanza que nun determinado momento da súa vida tiveron que loitar por vencer á enfermidade, mulleres valentes co único obxectivo de saír mais fortes e victoriosas desta loita.



