En todos os recunchos do centro agardamos o nacemento do Neno Xesús. Abramos os nosos corazòns para que nos ilumine.

Ligazón ao blog de Pastoral
Pastoral de La Milagrosa de Oleiros (pastoralmilagrosaoleiros.blogspot.com)
Os alumnos de 6º de Infantil están a traballar a Prehistoria. A través da situación de aprendizaxe descubriron que no Neolítico coménzase a sementar para obter alimento, sendo un deles o millo. Na aula tiveron a oportunidade de traballar con mazorcas, debullando millo e fixeron unha pequena degustación das súas variedades na actualidade. Qué interesante é a Prehistoria. ¡ Desfrutamos moito aprendendo!
Dende o colexio unímonos a Cáritas, que nos solicita novamente, a nosa colaboración para axudar na súa labor social ás familias con dificultades do concello de Ribeira. Sensibilizados coa complicada situación que moitas familias continúan atravesando, organizamos esta campaña solidaria de recollida de alimentos non perecedeiros (aceite, legumes, latas de conserva, alimentos infantís, arroz, cacao, azucre, galletas, pasta, fariña…) para que poidan desfrutar do tempo do Nadal cunha comida digna en compañía dos seres máis queridos. Por iso, dende o 1 de decembro ata o día 22 do mesmo mes, pedímosvos a vosa colaboración.
O pasado venres 25 de novembro o alumnado de 3º de ESO da Milagrosa acudiu a Ribeira para participar no acto organizado polo concello, xunto cos demais centros da localidade con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Un ano máis, preténdese visibilizar ás vítimas de violencia de xénero, de xeito que preparamos unha caixas de cor lila cos seus nomes , que fomos colocando a modo de tetris na Praza do Concello, fomos nomeando a cada unha delas coa súa historia. Gardamos un minuto de silencio e deixamos alí a nosa pegada na participación neste acto.